Infraestruturas
O PSOE reclama a reconstrución inmediata do pavillón do IES Porto do Son tras ano e medio inutilizado
Os socialistas consideran "inadmisible" que o alumando siga sen "instalacións dignas"

Un temporal derrubou os muros do polideportivo en 2024 / Cedida
O PSOE de Porto do Son presentará unha moción pola vía de urxencia para instar á Xunta a que execute "de xeito inmediato" as obras de reconstrución do pavillón deportivo do instituto.
O voceiro socialista Jorge Romero convida "a toda a comunidade educativa do instituto a estar presente no pleno e a apoiar a aprobación da moción".
O pavillón sufriu graves danos o 8 de outubro de 2024 como consecuencia do temporal Kirk, quedando dende entón inutilizado. Dende esa data, "a comunidade educativa do centro leva máis dun ano convivindo cunha situación absolutamente impropia dun sistema educativo público de calidade, sen poder dispoñer dunhas instalacións deportivas dignas".
Oferta de tres empresas
A finais de xaneiro de 2026 fíxose público que tres empresas se presentaran ao proceso de contratación das obras, o que para o grupo socialista "evidencia que a actuación administrativa estaba en marcha". Porén, semanas despois, "a realidade é que as obras non se teñen materializado, prolongando unha situación xa de por si insostible".
"Ante esta falta de avances reais, a comunidade educativa viuse obrigada a mobilizarse e saír á rúa en febreiro de 2026, reclamando unha solución urxente e un pavillón en condicións, o que pon de manifesto o nivel de desesperación existente", engádese.
Prazos que se eternizan
"Dende o Grupo Municipal Socialista consideramos que non é admisible que, máis dun ano despois dos danos sufridos, o alumnado siga sen unhas instalacións físicas, nin que os prazos administrativos se eternicen mentres se deteriora a calidade do servizo público educativo", indica o texto da moción.
Para o PSOE, "a educación pública debe ser unha prioridade, e garantir unhas instalacións dignas non pode depender de ritmos burocráticos nin de falta de impulso político".
Por todo isto, a moción insta á Consellería de Educación da Xunta a executar de maneira inmediata as obras, a establecer un calendario claro, público e vinculante para a execución e finalización das mesmas, e a garantir que a nova infraestrutura cumpra con todas as condicións necesarias para un uso educativo axeitado.
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Adiós a Bruno Hache, el compostelano vinculado al sector del café que deja huella por su cercanía y vitalidad
- Santiago adjudica por más de 300.000 euros el mantenimiento del pavimento del casco histórico
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Abren las becas para educación no obligatoria de las que se benefician 54.000 gallegos: plazos, cuantía y cómo solicitarlas
- 45 años en la pista: el último titán de las discotecas rurales que resiste en Touro
- El bocadillo que triunfa en Santiago y compite por ser el mejor de España