ACTIVIDADES
Obradoiros de marisqueo e un roteiro polo barrio industrial da Pobra en Semana Santa
A programación inclúe xogos tradicionais e rutas turísticas polo río Pedras

Estefanía Ramos, á dereita, co cartel promocional das actividades da Semana Santa / Cedida
A Pobra do Caramiñal presentou a programación de actividades turísticas para a Semana Santa 2026, unha proposta que inclúe catro iniciativas e está pensada para poñer en valor o patrimonio natural, histórico e cultural do municipio.
A concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, salientou que se trata dunha oferta "pensada para todos os públicos, que combina natureza, historia, tradición e lecer e que reforza a aposta por un turismo sostible e de calidade". A edil concluíu convidando "a todos os veciños e veciñas, así como ás persoas que nos visiten, a desfrutar destas actividades".
Na praia dos Areos
A primeira actividade realizarase o mércores 1 de abril. Trátase dun obradoiro de marisqueo a pé na praia dos Areos, que terá como punto de encontro a Casa Mariñeira ás 12.00 horas. O prezo será de 6 euros para menores de 10 anos e 12 para os maiores de 11.
A programación continuará o Xoves Santo, 2 de abril, con xogos tradicionais, completamente de balde, na praza do Cantón da Leña a partir das 17.30 horas.
O Sábado de Pascua, 4 de abril, desenvolverase unha ruta turística polo río das Pedras guiada por Joaquín Rubal. Nesta ocasión a actividade é recomendada para maiores de 12 anos. A saída será ás 10.00 horas fronte á Casa Mariñeira e o prezo, de 15 euros, inclúe o traslado en microbús ata o miradoiro de Valle-Inclán.
Andaina guiada
Finalmente, o domingo 5 de abril terá lugar unha andaina guiada polos Areos baixo o título Descubrindo o barrio industrial do Caramiñal, da man de José Manuel Vázquez ‘Queté’, tamén recomendada para maiores de 12 anos. O punto de encontro será o paseo dos Areos, fronte á estatua da Pescantina, ás 11.00 horas. Esta actividade será de balde e as prazas son limitadas.
Todas as propostas, excepto os xogos tradicionais, requiren inscrición previa, que pode realizarse na oficina de turismo da Pobra. O horario da instalación dende o luns 30 de marzo ata o sábado 4 de abril será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas