Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Outes asina un acordo de custodia fluvial para seguir valorizando o río Tins

O venres presentaranse os resultados do proxecto Renatur_Outes

Río Tins, en Outes.

Río Tins, en Outes. / Cedida

Outes

O Concello de Outes acollerá este venres, 27 de marzo, o acto final de presentación de resultados do proxecto Renatur_Outes, unha xornada aberta á veciñanza que combinará balance, divulgación e novos compromisos arredor do río Tins.

A cita, que comezará ás 16.00 horas no auditorio municipal, terá como eixo central a sinatura dun acordo de custodia que marcará a continuidade do traballo desenvolvido.

Cartel promocional da xornada final do proxecto Renatur_Outes.

Cartel promocional da xornada final do proxecto Renatur_Outes. / Cedida

O acto institucional contará coa participación do alcalde de Outes, Francisco Calo; da directora da Fundación CEER, Inês Gusman; e do director da Fundación Montescola, Joám Evans. Tamén asistirán representantes da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, xunto co equipo técnico e investigador da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo, ademais de membros da comunidade local.

Un acordo para dar continuidade

Un dos momentos centrais da xornada será a sinatura dun acordo de custodia fluvial entre a Fundación CEER, como organismo representativo das universidades, o Concello de Outes e A Fundación Montescola.

Paseo fluvial do río Tins, en Outes.

Paseo fluvial do río Tins, en Outes. / Cedida

Este marco de colaboración nace coa vontade de darlle continuidade ao traballo realizado, mantendo activo o interese polo río Tins. A proposta aposta por consolidar unha rede de colaboración estable entre administración, ámbito científico e tecido social, co foco posto na conservación e no coidado do entorno.

A iniciativa sitúa tamén sobre a mesa a importancia de que este tipo de proxectos se manteñan no tempo, apoiándose nun compromiso compartido e a longo prazo.

Tracking Pixel Contents