CULTURA
Ribeira dinamizará as rúas na Semana Santa con concertos na contorna de locais hostaleiros
O cartel dará visibilidade a grupos e artistas locais

Presentación do programa Rúas Musicais de Ribeira. / Cedida
Grupos e artistas locais encargaranse de dinamizar as contornas dos locais hostaleiros de Ribeira cunha ducia de concertos de distintos xéneros musicais, nunha nova edición das Rúas Musicais de Semana Santa neste 2026.
"Con esta programación queremos poñer o toque lúdico á Semana Santa e axudar a dinamizar máis o municipio a nivel social e económico" afirmou o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes. Ademais, engadiu, "é un apoio a artistas e grupos locais e esta proposta servirá de escaparate para o seu talento ao mesmo tempo que se amenizan as contornas dos locais hostaleiros".

Cartel promocional do ciclo Rúas Musicais 2026 de Ribeira. / Cedida
A edil de Turismo, Ana Barreiro, indica que "increméntase así a oferta cultural cunha proposta para ir consolidándose no calendario de actividade municipal. Animará as nosas rúas aproveitando a chegada da primavera, que xa nos convida a facer maior vida social e, nestas datas, moitas persoas aproveitarán para coller vacacións. Teremos música en distintas franxas horarias e lugares. O bo ambiente e a boa compañía están garantidos".
Así, preténdese fomentar o concepto do tardeo polos bares ribeirenses e darlle vida noutros horario máis alá do ocio nocturno con alternativas desta índole, como explicou a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Ribeira, Paula Chouza, na compaña do tamén socio, David Fernández.
Calendario de concertos
Durante o mes de marzo concentraranse en tres días. No día 27 estará Loren Tevra, ás 20.00 horas, na Pizzería D’Vicio; e, ás 22.30 horas, Amores de Barra irá á Caseira. Xa no día 28, Dani DJ fará o propio no Cocoluche, ás 16.30 horas, e Ajencia Trivutaria, ás 20.00 horas, na Cafetería Zum Zum. E, no día 29, Airband desprazarase á rúa do Sal, ás 15.00 horas.
No que respecta ao mes de abril, haberá outras tres xornadas. No día 1, Os Buguis tocarán no Liverpool Music Club, ás 22.00 horas; mentres que no día 2, a música de Airband soará entre no Botter e O Cuco, ás 13.00 horas, e Os Buguis, ás 18.00 horas, no Ventos Vellos e Recoveira. Para finalizar, no día 4, Open Drink situarase na Cambadesa, ás 13.30 horas; Chiña, no Tagen Ata, ás 16.30 horas; Aliaxe, no Clandestino Bar, ás 23.00 horas; e D’Crooners, no Reviravolta Bistro, ás 23.00 horas.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas