ACORDO
Xunta e Concello unidos para potenciar a Festa da Xouba de Rianxo
Portos cederá á administración local unha parcela contigua ao auditorio para habilitar un aparcadoiro

Julián Bustelo e Marta Villaverde na reunión celebrada en Santiago. / X. G.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e confirmou o apoio do Goberno galego, unha vez máis, da edición deste ano da Festa da Xouba, que terá lugar a finais de xullo.
Durante o encontro, destacaron a importancia de manter a estreita colaboración institucional que se vén desenvolvendo durante os últimos anos para impulsar, organizar e consolidar eventos gastronómicos coma este, que pon en valor os produtos locais relacionados co mar.
Promoción dos produtos do mar
Villaverde reiterou o compromiso da Consellería coa promoción dos produtos marítimo-pesqueiros de calidade de Galicia. Neste sentido, sinalou que citas de exaltación como a de Rianxo son un escaparate fundamental e necesario para achegar á cidadanía o traballo e o esforzo diario dos profesionais do mar galego.
Ademais, a responsable autonómica aproveitou para pór en valor as características únicas da xouba de Rianxo e a importancia do seu gran sinal de identidade: o selo de calidade Xouba de Rianxo, Pesca Artesanal, Arte do Xeito. Tal e como se subliñou no encontro, este recurso, capturado mediante artes tradicionais e respectuosas co medio mariño, é hoxe un referente de sustentabilidade grazas ao traballo de toda a cadea de valor do sector.
Cesión de parcela
Na xuntanza tamén abordaron outros temas de interese, como a cesión da parcela contigua ao auditorio municipal que a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, realizará ao concello rianxeiro. Trátase dunha parcela de máis de 6.000 metros cadrados que, a día de hoxe, non rexistra actividade portuaria e foi solicitada polo Concello. Portos de Galicia facilitará este uso en aras do beneficio veciñal, concretamente como aparcadoiro público, sen prexuízo de poder recuperala para o uso portuario no momento en que se presente unha proposta de actuación neste espazo.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año