Amicos impulsa a accesibilidade cognitiva nos espazos naturais
A entidade adapta a contorna natural con pictogramas e sinalización visual para facilitar a comprensión e a autonomía de todos

Participantes no acto celebrado por Amicos en Vigo. / Cedida
A asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos, de Ribeira, presentou este xoves no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, en Vigo, os traballos de accesibilidade cognitiva realizados neste espazo natural, co obxectivo de facelo máis comprensible, accesible e inclusivo para todas as persoas.
A xornada, que forma parte da campaña de sensibilización polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo o 2 de abril, arrancou cunha benvida a cargo de Mariana, alumna do CEEPR Amicos, e de Nuria Fernández, responsable do centro educativo da entidade. Elas foron as encargadas de dar paso a un acto no que as propias persoas con TEA tiveron un papel protagonista.
Un dos momentos máis significativos foi a lectura do manifesto, realizada por Sonia, aluma do CEEPR Amicos, e por Alfonso Pérez, residente no Fogar Amicos, na que reivindicaron a importancia de avanzar cara a unha sociedade máis accesible, comprensible e inclusiva.
Posteriormente, o equipo de validadores cognitivos de Amicos foi o encargado de presentar os traballos realizados nas Illas Atlánticas, centrados na adaptación das comunicacións do entorno a través de pictogramas e sinalización visual, ferramentas clave para facilitar a comprensión do espazo e favorecer a autonomía de todas as persoas.
O acto contou tamén coa intervención de José Antonio Fernández, director-conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que puxo en valor os traballos realizados na zona en materia de accesibilidade.
Asemade, tamén destacou unha colaboración mutua que se estende dende fai varios anos no ámbito medioambiental e social, co apoio constante de Parques ás actividades dos activistas de Amicos.
Pola súa banda, a directora xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana, destacou a relevancia de iniciativas como esta para garantir a igualdade de oportunidades e o acceso universal aos recursos e ao patrimonio natural. “A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, quere poñer en valor o traballo fundamental que entidades como Amicos desenvolven ao longo de todo o ano, especialmente na visibilización e apoio ás persoas con autismo. Nun contexto no que a sociedade avanza a gran velocidade, resulta imprescindible deter a mirada na realidade destas persoas e seguir impulsando medidas que garantan a súa inclusión plena", dixo.
"Neste sentido, iniciativas que apostan pola adaptación de espazos públicos e naturais son clave para asegurar a igualdade de oportunidades no acceso e desfrute do entorno. Esta campaña representa moito máis que unha acción puntual: é unha mostra do traballo en rede entre administracións, entidades e comunidade para construír contornas máis accesibles e inclusivas", engadiu.
A xornada completouse cunha actividade participativa e lúdica, un xogo inclusivo tipo Pasapalabra, orientado a desmontar mitos sobre o autismo e fomentar a sensibilización entre as persoas asistentes.
Os traballos presentados supoñen un paso adiante na adaptación cognitiva de espazos naturais de alto valor ambiental como o Parque Nacional das Illas Atlánticas, contribuíndo a que todas as persoas poidan comprender, interpretar e gozar destes entornos en igualdade de condicións.
Esta iniciativa enmárcase na campaña Rede que inclúe, coa que Amicos busca implicar o conxunto da sociedade, formada por administracións, empresas e cidadanía, na construción dunha contorna máis accesible, inclusiva e respectuosa coa diversidade.
Ao redor dunhas 500.000 persoas teñen trastorno do espectro autista en España, o que indica unha prevalencia dunha persoa por cada cen nacementos. E a pesar do incremento na inclusión e a normalización do TEA nos últimos anos, este segue estando rodeado de mitos.
"Un ano máis, o obxectivo da campaña impulsada por Autismo España é resaltar que cada caso persoa é única. Por iso, é importante concienciar sobre a importancia e a necesidade duns apoios especializados e individualizados que se adapten á etapa do ciclo vital de cada unha destas persoas. E para conseguilo é vital reclamar unha maior implicación de todos os axentes sociais para a defensa dunha boa calidade de vida e unha sociedade equitativa, en igualdade de condicións", destacan dende Amicos.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas