Comeza a reposición de area nas praias de Ézaro e Portosín, afectadas polos temporais
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico executará os traballos cun investimento de 300.000 euros

Raúl González e Julio Abalde, segundo e terceiro pola esquerda, este xoves na praia de Ézaro, en Dumbría. / Cedida
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, visitou este xoves a praia de Ézaro, no concello de Dumbría, acompañado polo alcalde, Raúl González, para comprobar sobre o terreo os danos provocados polos temporais dos últimos meses e supervisar as actuacións de emerxencia previstas.
Estas actuacións están financiadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico cun investimento de 150.000 euros, dentro dun plan de obras de emerxencia que teñen como obxectivo reparar os efectos do tren de borrascas que afectou a costa a comezos de 2026.
A especial intensidade e continuidade destes temporais provocou danos relevantes ao longo do litoral, con importantes mobilizacións de area, perda de anchura nas praias e afeccións a infraestruturas e elementos naturais.
O obxectivo destas intervencións é realizar actuacións de protección e restauración do dominio público marítimo-terrestre para recuperar a capacidade de resposta do litoral fronte aos efectos do cambio climático. “Estamos a actuar con rapidez para reforzar as nosas praias, que son a mellor defensa natural fronte á erosión do litoral que se ve agravada polos efectos do cambio climático”, destacou o subdelegado.
No caso da praia do Ézaro, as obras consistirán na reposición de area para recuperar a anchura do areal e na adecuación do encauzamento, co obxectivo de mellorar o comportamento da praia fronte a futuros episodios de temporal e reducir o risco de novos danos.
Julio Abalde explicou que a sucesión de varios temporais nun curto espazo de tempo impediu a recuperación natural das praias, incrementando o risco de perda definitiva de area. “Cando os episodios son extraordinarios, a area desprázase cara ao mar en cuestión de horas e pode tardar semanas, meses ou mesmo anos en regresar, se é que o fai”, indicou.
As praias, ademais de espazos de lecer e hábitat natural, compren unha función esencial como defensa fronte á erosión litoral. “Sen unha reserva suficiente de area na parte alta, un novo temporal pode arrastrar o pouco material existente cara a zonas profundas, dificultando moito a súa recuperación”, engadiu.
Así mesmo, o subdelegado informou de que o Ministerio destinará tamén 150.000 euros á praia de Coira, en Portosín (Porto do Son), onde desde este venres que comezan as obras se levarán a cabo actuacións de movemento e aporte de area, así como a reparación de pasarelas, co fin de restaurar as condicións do areal e garantir o seu uso público en condicións de seguridade.
En Galicia, os numerosos temporais provocaron diversos danos tanto en praias como en dunas, principais defensas naturais da costa, así como noutras instalacións costeiras. Neste contexto, o Goberno de España impulsa actuacións prioritarias nos puntos máis afectados da costa coruñesa como Ézaro, Porto do Son, Cedeira, Cee e Corcubión, cun investimento total de 760.00 euros.
“Estamos a falar dun investimento necesario para protexer o noso litoral, preservar os seus valores ambientais e asegurar o seu uso público”, concluíu Abalde, quen puxo en valor a resposta do Goberno de España para dar unha solución rápida e eficaz aos danos ocasionados polos temporais.
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Adiós a Bruno Hache, el compostelano vinculado al sector del café que deja huella por su cercanía y vitalidad
- Santiago adjudica por más de 300.000 euros el mantenimiento del pavimento del casco histórico
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Abren las becas para educación no obligatoria de las que se benefician 54.000 gallegos: plazos, cuantía y cómo solicitarlas
- 45 años en la pista: el último titán de las discotecas rurales que resiste en Touro
- El bocadillo que triunfa en Santiago y compite por ser el mejor de España