A Deputación destaca en Boiro o potencial de Olea Atlántica para recuperar a oliveira galega e xerar actividade no rural
A deputada Rosa Ana García visitou a plantación de Runs, onde destacou o papel da rede de 'coworking' no impulso a proxectos innovadores ligados ao territorio

Rosa Ana García charlando en Runs con Gonzalo García, esquerda, creador da marca Olea Atlántica. / Cedida
A Deputación da Coruña continúa a impulsar o emprendemento e a innovación como motores de desenvolvemento económico e fixación de poboación no rural. A deputada de Industria e Emprego, Rosa Ana García, coñeceu este xoves en Boiro o proxecto Olea Atlántica, unha iniciativa empresarial que combina innovación e valorización do patrimonio agrario coa produción de aceite de oliva virxe extra 100% galego de alta calidade.
A visita tivo lugar na finca de produción que Olea Atlántica ten no lugar de Runs, onde a deputada percorreu a plantación e puido comprobar o bo estado dos oliveiros, que comezan xa a brotar de cara á próxima colleita. Sobre o terreo, coñeceu tamén os detalles do proceso produtivo e da elaboración do aceite, que se desenvolve no mes de novembro.
Olea Atlántica ten a súa sede operativa no LAB Barbanza, en Boiro, un dos 12 centros que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación, onde desenvolveu a súa fase inicial de lanzamento e consolidación empresarial.
Durante a visita, Rosa Ana García destacou o valor deste tipo de iniciativas para dinamizar o rural e xerar novas oportunidades económicas. “Proxectos como Olea Atlántica demostran que é posible pór en valor o noso agro creando produtos de alta calidade, de proximidade e con identidade propia. Desde a Deputación apoiamos o talento e a iniciativa emprendedora que hai detrás de moitos proxectos como este a través da Rede de Coworking, facilitando que as boas ideas se convertan en realidades, en proxectos empresariais sólidos que creen emprego e actividade económica”, sinalou.
O proxecto baséase en investigacións do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que identificaron máis dunha ducia de variedades de oliveiras únicas en Galicia que estaban a punto de desaparecer. A empresa aposta pola recuperación destas variedades autóctonas de oliveira galega para elaborar un aceite de oliva virxe extra premium, con producións limitadas que destacan polas características singulares do clima atlántico.
Rede Provincial de Coworking
A Rede Provincial de Coworking, unha das apostas estratéxicas do Plan de Emprego Local (PEL), consolidouse como un instrumento clave de apoio ao emprendemento na provincia. Está formada por 12 espazos distribuídos por todo o territorio, que ofrecen asesoramento, acompañamento e infraestruturas para facilitar a posta en marcha e crecemento de proxectos empresariais.
Este modelo contribúe non só á creación de emprego, senón tamén á fixación de talento e poboación no rural, favorecendo un desenvolvemento económico máis equilibrado e sostible en toda a provincia.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias