O Concello de Muros realiza unha campaña intensiva de limpeza das praias
As tarefas nos areais e os espazos verdes prolongaranse varias semanas

Traballos de limpeza nun areal de Muros. / Cedida
Muros
Tras un inverno marcado polos temporais, os areais de Muros víronse afectados pola chegada de residuos arrastrados polo mar. “Por este motivo, estamos a levar a cabo labores intensivas de limpeza nas praias do noso municipio co obxectivo de deixalas en perfectas condicións de cara á chegada do bo tempo”, explica a concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira.
“Traballamos para que veciños, veciñas e visitantes poidan gozar dun entorno natural limpo, seguro e coidado, como o noso concello merece”, engade.
As tarefas nos areais e os espazos verdes de Muros continuarán durante as próximas semanas.