Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Portos reforzará a iluminación nos portos de Corrubedo, Castiñeiras e Ribeira

O ente público mellorará tamén a limpeza e reparará deficiencias nas instalacións portuarias

Pola esquerda, Marcos Sampedro, Juan Sanmartín e Fernando Abraldes, no porto de Corrubedo.

Pola esquerda, Marcos Sampedro, Juan Sanmartín e Fernando Abraldes, no porto de Corrubedo. / Cedida

Ribeira

O concelleiro de Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, e o director de Portos de Galicia, Juan Sanmartín, revisaron os peiraos do municipio para avaliar as melloras a realizar para o desenvolvemento da actividade pesqueira a curto prazo.

Para iso, desprazáronse a Palmeira, Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras e Ribeira, acompañados de Marcos Sampedro Vázquez, xefe de celadores gardapeiraos de Ribeira.

"Tras o tren de borrascas e chegado o bo tempo, establecemos unha folla de ruta para trasladar a Portos de Galicia as

medidas a tomar nas infraestruturas portuarias para seguir brindando uns espazos con garantía de seguridade e calidade para os nosos mariñeiros. Ribeira é mar e, como tal, o Concello ten un forte

compromiso para que os nosos portos estean en óptimas condicións", dixo o edil de Mar.

A mellora e incremento da iluminación supón a petición veciñal máis estendida. Por iso, cambiaranse seis luminarias por outras de tecnoloxía led en Corrubedo e catro en Castiñeiras, e colocaranse dez barras luminosas na parte traseira da lonxa vella de Ribeira, a carón do mar.

En Corrubedo tamén se reporá o rompeolas e colocarase unha varanda nunha das escaleiras e, en Castiñeiras, solucionaranse as humidades no teito das casetas dos mariñeiros. A maiores, asfaltarase unha área do porto de Aguiño e repoñeranse as pranchas necesarias na nave das redeiras, así como o arranxo dunha arqueta e a instalación de puntos de amarre en Ribeira.

No que respecta a Palmeira, farase tamén un mantemento xeral da infraestrutura.

Outros dos aspectos comprometidos por parte do ente autonómico é unha maior limpeza dos peiraos.

Tracking Pixel Contents