Lousame combate con apoio emocional a soidade dos maiores de 60 años
O programa Cóidate acompañado consistirá en sesións grupais con actividades para mellorar a calidade de día

Pola esquerda, Mónica Castaño, Isabel Fabeiro, Esteban Ares e Silvia Agrafojo. / Cedida
O Concello de Lousame vai poñer en marcha un programa para fomentar o benestar emocional das persoas maiores de 60 anos en situación de vulnerabilidade por factores sociofamiliares e/ou de saúde, denominado Cóidate acompañado.
Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta que comezará a impartirse a mediados de abril no local social do Sanguiñal (Tállara) e para o que as inscricións están abertas a través do número de teléfono 689 126 385.
Cóidate acompañado é unha iniciativa financiada ao 100% pola Deputación da Coruña e que ten como obxectivos principais ofrecer apoio emocional a persoas maiores de 60 anos en situación de vulnerabilidade, facilitándolles combater a soidade a través da creación de lazos sociais e de compartir experiencias para conseguir mellorar a súa calidade de vida.
Apoio emocional
A iniciativa foi presentada polo alcalde, Esteban Ares García; a psicóloga Isabel Fabeiro, encargada de impartir o programa; a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; e a traballadora social Mónica Castaño.
“Cóidate acompañado é un programa que busca ofrecer, sobre todo, apoio emocional e atención psicolóxica para as persoas maiores de sesenta anos e que dende o Concello de Lousame queremos impulsar para atender todas as necesidades que poidan precisar”, explicou o rexedor.
O alcalde agarda que o programa sexa “moi beneficioso para todos, xa que será impartido pola psicóloga Isabel Fabeiro que, cunha metodoloxía de traballo grupal, intentará dar apoio a todas esas necesidades que teñan as persoas. É un servizo que se vai dar por primeira vez e convidamos a todas as persoas interesadas a que formen parte del”.
Espazo de seguridade
Pola súa banda, Isabel Fabeiro indica que “hoxe abrimos unha porta a un espazo de seguridade, onde a xente se sinta escoitada, acompañada. É algo moi necesario porque o que máis pesa non é a idade, é ese sentimento de illamento, de soidade, de non sentirse importante. Imos intentar que este grupo cubra esa necesidade, esa sensación de soidade non buscada que tanto afecta á nosa saúde en xeral, non só á emocional senón á física tamén”.
Isabel Fabeiro sinala que “as clases serán un espazo de seguridade. Son sesións de dúas horas, moi dinámicas, nas que se vai comunicar moito. Imos centrarnos non tanto no problema senón na historia da persoa, na súa aprendizaxe. Vai haber actividades de reminiscencia, de recuperación de recordos positivos, de adestramento cognitivo, actividades de descarga emocional, roleplay, incluso estratexias de afrontamento da ansiedade... e rir vai ser fácil”.
Finalmente, a psicóloga explica que “utilizamos este traballo grupal porque o grupo permítenos dicirlle á xente: eu estou aquí tamén, eu importo e ti tamén. É un pouco utilizar ese vínculo que se forma entre as persoas para que nos miremos e nos vexamos recoñecidos. E iso vai axudar moitísimo e vai ser un apoio fundamental”.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas