O PSOE de Ribeira acusa a alcaldesa de ocultar o custo da indemnización polo desmantelamento dunha gasolineira
A formación critica o "silencio" do Goberno "ante un posible custo millonario para as arcas municipais"

Imaxe de arquivo da antiga gasolineira de Xarás, que está sendo desmantelada por mandato xudicial. / Suso Souto
O PSOE de Ribeira denuncia que “o último pleno municipal volveu deixar en evidencia a falta de proxecto, a opacidade e a inacción do actual Goberno local”.
Para os socialistas, a sesión “confirmou que o Executivo evita dar explicacións nos asuntos máis graves e está máis centrado en entorpecer á oposición e en xerar ruído político que en resolver os problemas reais de Ribeira”.
A formación critica “a negativa da alcaldesa a responder canto pode custarlle ao Concello" a indemnización que poida derivarse do desmantelamento, por mandato xudicial, da antiga gasolineira de Xarás. "A súa única resposta foi que o Goberno está moi tranquilo”, din os socialistas, que lamentan que a alcaldesa “oculte o custo da indemnización de Xarás”.
Desde a formación afirman que "esta forma de actuar lembra a etapa de Manuel Ruiz, cando insistía en que todo estaba correcto e acabou perdendo todas e cada unha das veces que a licenza foi xudicializada”.
Consideran tamén “inaceptable que, ante un posible custo millonario para as arcas municipais, a cidadanía siga sen coñecer nin unha cifra nin unha estimación seria” da posible indemnización.
O grupo socialista considera tamén “moi preocupante que o Goberno municipal admita que puxo en risco os dous millóns de euros do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino”. “Segundo a propia alcaldesa, sabían que a publicidade da financiación europea era obrigatoria e que os logos se ían colocar, restando importancia ao sucedido ao cualificalo como un pequeno despiste”, recalca.
Para o PSOE “non hai nada pequeno nun erro que pode comprometer a correcta xustificación dos fondos europeos e mesmo obrigar á súa devolución”.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago