Ribeira adxudica o Servizo de Axuda no Fogar, que incluirá fisioterapia, podoloxía ou barbería
O prezo sitúase en 21,46 euros por hora, e hai 220 persoas usuarias

Unha das votacións da sesión plenaria deste luns. / Cedida
A Corporación municipal de Ribeira celebrou este luns o pleno ordinario, no que se aprobou a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar por un importe de 1.626.875,73 euros anuais. O contrato ten unha duración de tres anos, con posibilidade dunha prórroga.
A adxudicataria é empresa Attende Care S.L., que ofrecerá como servizos complementarios os de fisioterapia, podoloxía, barbería ou reforzo das limpezas, ademais de material como camas xeriátricas con carro elevador, guindastres para a mobilización, colchóns antiéscaras, sabas deslizantes ou colchón de ducha.
O prezo do servizo sitúase en 21,46 euros por hora, con máis de 70.000 euros anuais. Actualmente, conta cun total de 220 persoas usuarias, polo que, en palabras da alcaldesa, María Sampedro, "é un contrato indispensable para o coidado dos nosos maiores, de persoas con dependencia e persoas con necesidades especiais". A Xunta aportará máis do 50% do investimento.
Este punto saíu adiante con 17 votos a favor (9 do PP, 3 do PBBI, 4 do BNG e 1 non adscrito) e 2 abstencións (1 do PSOE e 1 non adscrito).
A Corporación tamén debateu a proposta do nomeamento de representantes no Consello Escolar Municipal, pois o Goberno local defende que estea integramente formado por representantes da comunidade educativa, sen presenza de políticos. A proposta aprobouse co respaldo de PP e PBBI, as abstencións do BNG e dos 2 edís non adscritos e en contra do PSOE.
Ademais, o BNG propuxo unha medida para continuar co proceso de castración das colonias felinas. O Goberno municipal presentou unha emenda de substitución na que se amplía a contía destinada a tal fin ata os 9.000 euros, mediante un convenio con Callejeros Barbanza e que contou co apoio unánime da Corporación.
Pola súa parte, o PSOE plantexou a construción dunha pasarela na praia do Prado (Corrubedo). O Executivo presentou tamén unha emenda de substitución para que se estude a viabilidade do proxecto, con luz verde da unanimidade da Corporación.
Outro dos asuntos aprobados por unanimidade chegou da man do grupo non adscrito, relativo á instalación de puntos de luz nos arredores do polideportivo de Palmeira.
Moción de urxencia
Asimesmo, os partidos do Goberno (PP e PBBI) aprobaron a súa moción de urxencia para condenar os actos desenvolvidos o pasado venres pola organización xuvenil Galiza Nova no monólito da Praza do Centenario, no que este colectivo acusaba o Goberno local de "intentar terxiversar a realidade do fondo do 120 aniversario da cidade" al recolocar o monólito inaugurado polos reis don Juan Carlos e dona Sofía en 2006, e que fora retirado para reformar a praza.
Para Galiza Nova, o monólito recolocado nesa praza "é un símbolo monárquico"; para o Goberno local, "é un símbolo do pobo".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas