Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lousame renova o equipo de iluminación do auditorio da casa da cultura Santeiros de Chave

Colocáronse sete novos focos led, de 100 e 180 vatios de potencia, propiciando un considerable aforro enerxético e económico

Pola esquerda, Silvia Agrafojo, Esteban Ares e Ramón Martínez.

Pola esquerda, Silvia Agrafojo, Esteban Ares e Ramón Martínez. / Cedida

Lousame

O Concello de Lousame vén de substituír os focos técnicos do auditorio da casa da cultura Santeiros de Chave, unha actuación na que investiu preto de 10.000 euros.

Dito investimento supón unha importante mellora no alumeado do escenario grazas á colocación de sete novos focos led, de 100 e 180 vatios de potencia, e á substitución dos equipos e cables existentes.

As instalacións foron supervisadas polo alcalde de Lousame, Esteban Ares García, quen estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e o concelleiro de Obras, Ramón Martínez. “Esta actuación non só suporá unha importante redución do consumo eléctrico e un menor impacto ambiental, senón que tamén mellorará especialmente a calidade da experiencia dos veciños e veciñas que asisten aos distintos espectáculos e actividades que se desenvolven neste auditorio”, explica Esteban Ares.

De feito, os novos focos permiten un mellor control da luz, mellorando a calidade de eventos e concertos. Tamén permiten unha maior capacidade para destacar cores no escenario e mesmo cambiar a atmosfera da sala sen necesidade de cambiar manualmente os filtros.

Economicamente, tamén suporán un aforro para o Concello de Lousame, xa que os focos led teñen unha maior vida útil, xeran moito menos calor e teñen un menor consumo eléctrico.

Tracking Pixel Contents