O BNG de Noia carga contra "o parche inapropiado" nos xardíns Felipe de Castro
Critica que unha actuación sobre un ben patrimonial non se someta ao escrutinio da Corporación municipal

Ricardo Suárez, na entrada aos xardíns Felipe de Castro. / Cedida
O portavoz do BNG de Noia, Ricardo Suárez, cargou este mércores contra a intervención realizada polo Goberno municipal nos xardíns Felipe de Castro. "Fomos moi críticos cando coñecemos o proxecto e o somos aínda máis agora que vemos o resultado, é unha verdadeira afronta contra un dos bens patrimoniais máis importantes da vila", afirmou.
Suárez criticou que unha actuación sobre "a única parte da alameda de Noia que aínda conservaba a súa estrutura primixenia" se realice sen o visto bo dos concelleiros e das concelleiras.
O proxecto, ao ser canalizado polo Executivo local a través da Asociación Rural de Desenvolvemento Ría da Estrela, non tivo que recibir a luz verde por parte da Corporación municipal.
"De ser por nós isto nunca tería saído adiante en sesión plenaria, onde nunca se informou de que o proxecto saía a licitación. Cando coñecemos esta circunstancia, solicitamos a documentación e atopámonos cunha actuación que supuña un parche inapropiado para un ben histórico catalogado como estes xardíns", proseguiu o portavoz.
"A culpa non é do técnico que segue as instrucións que lle son marcadas, senón dos políticos que entenden que se pode actuar con tan pouca ambición sobre un ben patrimonial como este", remarcou Suárez.
"Os xardíns Felipe de Castro merecían unha actuación integral, como xa indicaba un anteproxecto anterior de 2016, valorado positivamente por Patrimonio para ser desenvolto a través dun proxecto e execución, algo que non se quixo facer", remarcou o representante do BNG.
"E se o actual proxecto era inapropiado, a execución aínda deixa máis que desexar", sinala. Neste sentido, para Suárez "é imprescindible que, no caso de bens cunha importancia como a destes xardíns, se conte con persoal especializado tanto na redacción do proxecto como nas cláusulas de licitación".
"Unha vez máis a culpa é dos políticos que non requiren estas cuestións ao realizar uns pregos ou encargar un proxecto", engadiu.
"Agora hipotecouse o futuro dos xardíns, subiuse o pavimento e, polo tanto, a cota, polo que xa é moito máis difícil actuar sobre o resto de elementos", explicou.
"É certo que había un problema nos accesos, levamos moito tempo advertindo disto, mais se non había recursos para actuar de forma integral, podía optarse por unha solución temporal para mellorar a accesibilidade sen condicionar unha intervención ambiciosa nos xardíns históricos de cara ao futuro ", acrecentou.
"Conseguimos a renovación da fachada do IES Virxe do Mar e está pendente o empedrado da beirarrúa diante do Casino, mais algunhas escollas urbanísticas do actual Goberno, como é o caso dos xardíns Felipe de Castro ou a falta de conexión entre a alameda e o Campo da Feira están rachando co futuro que desde o BNG entendemos que ten ter o noso casco histórico, un conxunto do que a alameda tamén forma parte", destacou.
"É un problema que como se concibe o urbanismo. Nós cremos nun modelo amable, que pense o espazo público para as persoas, que respecte o patrimonio, e consideramos que este é a cuestión que máis nos aparta do actual Executivo", abondou. "En urbanismo, o Goberno está optando por un camiño oposto ao que quere seguir o BNG", concluíu.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo