Remata no Porto do Son a recuperación do litoral entre Xuño e as lagoas de San Pedro
Instaláronse novas pasarelas de madeira a ras de chan e sinalización, e elimináronse plantas invasoras

Unha das pasarelas instaladas no litoral sonense. / Cedida
Nas últimas datas remataron no Porto do Son os traballos de restauración e recuperación das zonas costeiras, realizados desde Xuño ata as lagoas de San Pedro, nos areais de Furnas a Seráns.
Este proxecto, financiado a cargo do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico con fondos Next Generation da UE do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, contemplou a protección e restauración destas zonas costeiras, adaptándoas para o cambio climático e implementando estratexias mariñas e plans de ordenación do espazo marítimo.
Esta actuación perseguiu varios obxectivos, como loitar contra a erosión na costa, aumentando a súa resiliencia e fortalecemento do litoral fronte aos efectos do cambio climático.
Así, levouse a cabo a instalación de novas pasarelas de madeira a ras de chan e de nova sinalización, así como e eliminación de plantas invasoras.
Tras o remate do proxecto, o alcalde, Luís Oujo, agradeceu esta achega do Ministerio “que é fundamental para a recuperación ambiental deste espazo e que ademais xa está rematado e chega a tempo para a tempada de verán”.
O rexedor tamén lembrou “a importancia que ten esta actuación tanto a nivel medioambiental como para o uso e deleite deste fermoso espazo natural por parte da veciñanza e turistas”.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas