MÚSICA
A Banda do Peixe actúa este sábado no mercado de Muros nunha homenaxe aos grupos locais
Ofrecerá un percorrido polo legado musical de formacións como Os Miúdos, Estampida, Trapos Sucios, Lisdexia, The Rapants ou Terbutalina

Integrantes da Banda do Peixe. / Cedida
O mercado de abastos de Muros acollerá este sábado 4 de abril, ás 20.00 horas, unha cita moi especial dentro do ciclo Sons no Mercado, coa actuación da Banda do Peixe, unha proposta única que renderá homenaxe á historia musical do concello.
O concerto contará cunha multitude de voces sobre o escenario e ofrecerá un percorrido polo legado musical de Muros a través de cancións de bandas que forman parte da memoria colectiva, dende Os Miúdos, Estampida ou Trapos Sucios, ata propostas máis recentes como Lisdexia ou The Rapants, pasando por nomes como Terbutalina, entre outros.
Talento local
A actividade nace coa intención de poñer en valor a cantidade e diversidade de proxectos musicais xurdidos no municipio, recoñecendo o talento local e a súa evolución ao longo do tempo.
Trátase dun encontro que vai máis alá dun concerto, converténdose nun exercicio de memoria, identidade e celebración comunitaria arredor da música.
A Banda do Peixe, concepto acuñado por Xurxo Souto, preséntase como unha especie de superbanda formada por músicos vinculados a diferentes proxectos da escena galega e local.
A banda está integrada por Alberto Romero (guitarra; Deleiba, MJ Pérez ou Roi Casal), Javi Fernández (guitarra; Lisdexia, Archivo Adxunto), Xota (baixo; Sonophobia), Mauro Gómez (batería; Batossai, Deleiba), Chema Fernández (percusión; Lisdexia) e Juanjo Fernández (teclados; Esbozo, Mirto).
Dinamizar a vida cultural
O concerto terá lugar no mercado de abastos, un espazo que se está consolidando como sala cultural grazas ao traballo da asociación Praia do Castelo, entidade que impulsa o ciclo Sons no Mercado co obxectivo de dinamizar a vida cultural da vila ao longo de todo o ano.
A cita preséntase como unha oportunidade para reencontrarse coa historia musical de Muros, celebrando as súas bandas, as súas cancións e, sobre todo, a súa xente.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas