FORMACIÓN
A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira, un referente en Galicia con máis de 100 matriculados
A Consellería do Mar destinará 12,4 M€ en 2026 para formar novos profesionais

La directora xeral visitando unha das salas da Escola Naútico-Pesqueira. / X. G.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou a Escola de Formación Náutico-Pesqueira de Ribeira, onde puxo en valor a importancia da formación especializada como piar fundamental para garantir a competitividade, a sustentabilidade e a remuda xeracional no sector marítimo-pesqueiro galego.
Durante o percorrido polas instalacións, a directora xeral tivo a oportunidade de coñecer, de primeira man, os programas formativos que se imparten no centro, así como os recursos técnicos e humanos dos que dispón.
A escola conta desde hai unhas semanas cun novo equipo directivo, polo que a directora xeral tamén aproveitou a visita para compartir coa dirección novas impresións sobre os retos e oportunidades do sector.

Ángeles V. Suárez, á esquerda, na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira. / X. G.
No encontro reafirmouse a aposta do Goberno autonómico por impulsar a capacitación profesional en ámbitos clave como a navegación, a seguridade marítima, a acuicultura e a xestión sostible dos recursos mariños. Concretamente, a Consellería do Mar destina no 2026 á formación náutico-pesqueira 12,4 millóns de euros.
Ciclos superiores e medios
Así, nos centros formativos que dependen deste departamento, impártense os Ciclos Superiores de Pesca de Altura, Técnico en Acuicultura, e os Ciclos medios de Pesca de Litoral, Cultivos Acuícolas e Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas.
Contan con 474 persoas matriculadas no presente curso, das que o 12,86 % son mulleres (61). Ao final do mesmo, rematarán a súa formación 185 novos profesionais. No 2025 formáronse nestas modalidades educativas un total de 1.195 persoas.
A Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira é un referente na formación marítima en Galicia, contribuíndo, de xeito decisivo, ao desenvolvemento económico e social da comarca e do conxunto da comunidade. Desde 2008 ata o curso actual, e dentro da formación regrada, a matrícula ascende a 1.740 persoas, 105 no curso 2025-2026.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias