CAMPAÑA
Mil euros, un día e seis comercios: así gozou Anuska Enríquez do premio do Día do Pai en Ribeira
O presidente da Asociación de Empresarios acompañou á afortunada no seu percorrido

Francisco Martínez con Anuska Enríquez na tenda Pillados. / Cedida
Anuska Enríquez, a gañadora do sorteo da campaña do Día do Pai promovida pola Asociación de Empresarios de Ribeira - Viamare Centro Comercial Aberto, xa fixo efectivo o seu premio gastando os 1.000 euros nun só día nas tendas e establecementos asociados.

A afortunada coas compras realizadas cos mil euros en Ribeira. / Cedida
O presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, acompañou á afortunada no seu percorrido polos comercios locais. Anuska aproveitou os mil euros para facer compras en Tiendas Pillados, Lolita Moda Multimarca, Tienda Galana, Carnicería-Charcutería Manolo, Lencería Marfil, e Arcos Café.

Anuska gastando parte do premio na Carnicería-Charcutería Manolo. / Cedida
"Un premio que se converte en apoio directo ao comercio local, facendo deste Día do Pai unha data memorable", subliñan dende a a patronal, que agradece a colaboración de todas as persoas participantes e os comercios "por facelo posible".

A afortunada fixo tamén unha parada en Arcos Café. / Cedida
A campaña estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia, e a Asociación de Empresarios de Ribeira xa ten deseñada unha iniciativa similar de cara ao Día da Nai.
"Faremos algo do mesmo estilo, pero será unha campaña aínda máis forte", afirmou o seu presidente, Francisco Martínez Gude.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago