AUDIOVISUAL
A gala do Certame de Curtas Alberto Romero conxugará cine e música na Pobra
A cita é o día 25 de abril no Teatro Cine Elma

A gala celebrarase no Teatro Cine Elma, da Pobra. / Cedida
A Pobra do Caramiñal acollerá a X Gala do Certame de Curtas Alberto Romero, que terá lugar o vindeiro 25 de abril no Teatro Cine Elma.
O evento contará coa entrega de premios ás curtas galardoadas, así como a proxección destas obras nunha velada que combinará cine, música e humor.
A gala estará presentada por Vanesa Ordóñez e Emilio Palmeira, e contará coas actuacións de Thais Suki, Helena Figueiras, José Andrés Mariño, Juan Ciego e Daniel Martís. Ademais, haberá diferentes convidados sorpresa que se desvelarán durante o propio evento.

Cartel promocional da décima edición da gala. / Cedida
A gala poderase seguir en directo a través de Canal Barbanza e da canle de Facebook da Asociación Alberto Romero.
A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, sinalou que é "todo un orgullo" acoller este evento "no ano no que se cumpre unha década dende a primeira edición, mostra do crecente recoñecemento que foi gañando nestes anos" e animou á veciñanza "a participar nesta iniciativa que pon en valor o talento audiovisual e a memoria dunha figura moi querida na comarca".
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo