Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INDUSTRIA

Dúas empresas máis apostan por asentarse no polígono de Muros

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, e a tenente de alcaldesa, Caridad González, visitaron á area empresarial

Vista aérea do polígono empresarial de Muros.

Vista aérea do polígono empresarial de Muros. / Cedida

Muros

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, e o responsable comercial, José Luís Rey, visitaron Muros con motivo da firma da compra de novas parcelas no polígono empresarial por parte dunha empresa adicada á elaboración de produtos de panadería e repostería tradicional, e Gadisa, que construirá un novo espazo comercial, segundo confirma a tenente de alcaldesa, Caridad González.

Beatriz Sestayo, esquerda, e Caridad González, no polígono de Muros.

Beatriz Sestayo, esquerda, e Caridad González, no polígono de Muros. / Cedida

Ambos responsables de SEA foron recibidos por Caridad González, con que avaliaron os beneficios para o Concello e para os veciños de Muros.

"Interesáronse polo desenrolo do polígono, que foi unha gran aposta do goberno socialista", afirmou González, quen subliñou ademais "a colaboración de todos os veciños para facer posible o desenrolo do mesmo". Dende o PSOE, engadiu, "seguimos apostando porque chegue a ser o motor da recuperación da economía muradá".

Tracking Pixel Contents