SERVIZOS
A Xunta investirá 50.000 euros en melloras na escola infantil do Porto do Son
O Concello recibirá 600.000 € máis en tres anos para axuda no fogar

Luis Oujo e Fabiola García na escola infantil do Porto do Son. / Luis Polo
A Xunta de Galicia investirá preto de 50.000 euros en obras de mellora na escola infantil pública autonómica do Porto do Son. Así o anunciou esta mañá a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que visitou o centro acompañada do alcalde do concello, Luis Oujo.
As obras, que contratará e executará o concello, consistirán na instalación dun novo sistema de climatización, na dotación de novos módulos de almacenamento e na colocación dunha nova cancela no vestíbulo da entrada. Ademais, procederase á limpeza e pintado das fachadas exteriores do centro.
A conselleira de Política Social e Igualdade enmarcou esta intervención "no compromiso da Xunta coa atención á infancia e o apoio á conciliación das familias, a través de investimentos de mellora nos centros de 0 a 3 anos ou tamén con medidas como a gratuidade".
Incremento de 600.000 € para o SAF
Por outra banda, a conselleira e o alcalde avaliaron o impacto que ten o acordo asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) na mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cifrando en preto de 600.000 euros o incremento do financiamento da Xunta en O Porto do Son durante os tres anos de vixencia do acordo, recibindo un total de 2,1M€.
"Isto representa un importante aforro para o concello, que poderá aproveitar para seguir mellorando os seus servizos sociais", afirmou Fabiola García.
Solicitudes ata o 27 de abril
Lembrou que a Xunta xa está levando a cabo a actualización do módulo de financiamento do SAF e que os concellos teñen o prazo dun mes, ata o vindeiro 27 de abril, para solicitar formalmente o incremento da achega da Xunta a este servizo de xestión municipal.
De feito, destacou que o Concello de Porto do Son, xunto ao de Ponteareas, foron os dous primeiros municipios en solicitar este aumento.

A conselleira e o alcalde, á dereita, seguindo a Procesión do Xesús Glorioso. / Luis Polo
A conselleira, Fabiola García, aproveitou a súa visita ao Porto do Son para participar na Procesión de Xesús Glorioso.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle