Máis de corenta cativos participan en Ribeira no programa Concilia Primavera
Gozan de actividades educativas e lúdicas

Vicente Mariño, cos cativos do programa Ribeira Concilia Primavera, na Praza de España. / Cedida
Un total de 43 nenos e nenas participan no programa Ribeira Concilia Primavera que puxo en marcha o Concello para favorecer a conciliación da vida persoal e laboral das familias nos períodos vacacionais, desta vez, coincidindo coa Semana Santa.
O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, visitou a rapaza durante unha saída polo centro da cidade para coñecer o desenvolvemento desta acción en materia de conciliación que reamata este luns día seis e que se celebra no Conservatorio Municipal de Música Enrique Paisal.
"Dende o Concello de Ribeira brindamos esta prestación de balde para as familias que amosa o noso compromiso de seguir avanzando en conciliación. Entraron a totalidade das solicitudes presentadas dando, por suposto, cumprimento ás ratios. Durante este período, a rapazada segue aprendendo ao mesmo tempo que se divirte con actividades educativas e lúdicas", dixo Mariño.
O programa desenvólvese no conservatorio municipal "por quedar xa constatado que reúne unhas mellores condicións para este tipo de actividades. Xa no Nadal percibimos moi boa resposta por parte das familias polo cambio. E, obviamente, seguimos utilizando o pavillón do CEIP O Grupo para actividades puntuais como, por exemplo, as deportivas", engadiu.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco