A Xunta destinará 2 millóns de euros a axudas para compensar a parada temporal do marisqueo nos Lombos, Bohído e Cabío
Os destinatarios, armadores e tripulantes, deberán acreditar que nos anos 2024 e 2025 realizaron extracción cando menos 120 días

Imaxe de arquivo das capturas dunha embarcación nos Lombos do Ulla nunha xornada en outubro de 2024. / Cedida
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a orde pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras e non competitiva aos tripulantes, pola paralización temporal da actividade marisqueira desde embarcación nos bancos infralitorais de libre marisqueo dos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío, na ría de Arousa.
A Consellería do Mar pon así a disposición do sector 2 millóns de euros, cofinanciados nun 70 % co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), e que permitirán compensar os efectos do período de cese establecido como medida técnica de conservación destas zonas produtivas durante o 2024 e 2025.
Os potenciais beneficiarios deberán acreditar que neses anos realizaron extracción cando menos 120 días. Deste xeito, poderán presentar as súas solicitudes a través do formulario dispoñible na web da Xunta. O prazo para facelo será dun mes e comezará este martes.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias