Congalsa adquire 200 exemplares do libro 'Bego e o mundo do revés' para fomentar a lectura infantil na Pobra
A empresa promoveu tamén a estrea do espectáculo Chaves invisibles no Teatro Elma

A narradora oral Vero Rilo e o músico Luis Iglesias durante o espectáculo 'Chaves invisibles'. / Cedida
A empresa Congalsa, da Pobra, pon en valor o seu compromiso coa cultura galega e coa promoción da lectura entre as novas xeracións a través dunha iniciativa enmarcada na celebración do Día das Letras Galegas 2026, dedicado á xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño.
Así, en colaboración co Concello, a compañía adquiriu 200 exemplares do libro Bego e o mundo do revés, da autora Iria Collazo e con ilustracións de Alba Stinson.
Esta obra achega ao público infantil a figura de Begoña Caamaño a través da súa infancia, destacando o seu particular modo de percibir o mundo e a súa paixón pola lectura e pola narración de historias, cun relato narrado coa forza das mellores aventuras infantís.
A través desta acción, Congalsa fixo chegar os libros editados por Galaxia a escolares do municipio, impulsando o coñecemento da autora homenaxeada e o gusto pola lectura desde idades temperás.
Chaves invisibles
Como complemento a esta iniciativa, o Teatro Elma da Pobra acolleu este mércores ás 11.30 horas a estrea do espectáculo para público escolar Chaves invisibles, dirixido a alumnado de 8 a 12 anos de dous centros educativos do municipio: o CEP Plurilingüe Pilar Maestú Sierra e o CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras.
A función, baseada na obra de Iria Collazo, contou coa participación da narradora oral Vero Rilo e do músico Luis Iglesias. Chaves invisibles convida o público a mergullarse no universo literario de Begoña Caamaño a través dunha proposta escénica que combina narración e música.
Trátase dun espectáculo que celebra a lectura como un espazo de liberdade, onde cada historia é unha chave e cada nena ou neno é quen a fai xirar.
Trinta representacións
A obra que este mércores se estreou no Teatro Elma vai ser representada por todo o territorio galego, cunha previsión de 30 pases ao longo do ano. Esta primeira función na Pobra foi posible grazas á colaboración entre Congalsa e o Concello.
“Con esta iniciativa, reforzamos o noso papel como axentes dinamizadores da cultura na nosa contorna, unha das liñas de acción nas nosas políticas de responsabilidade social corporativa”, sinalou Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da compañía pobrense.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas