A patronal de Boiro intégrase na rede Ultreia para reforzar o 'ecosistema emprendedor' desde o territorio
Trátase dun espazo de colaboración entre administracións, universidades, entidades empresariais e outros axentes clave para facer máis eficaces os recursos

Imaxe de arquivo de Tomás Estévez durante unha actividade celebrada na sede da patronal de Boiro. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) formalizou a súa adhesión á Rede Galega do Ecosistema de Emprendemento (rede Ultreia), unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que busca mellorar a coordinación e o impacto das políticas de apoio ao emprendemento no conxunto do territorio.
A través desta incorporación, a ABE pasa a formar parte dun espazo estable de colaboración que integra administracións, universidades, entidades empresariais e outros axentes clave, co obxectivo de facer máis eficaces e accesibles os recursos dispoñibles para as persoas emprendedoras.
Desde a entidade poñen en valor o carácter estratéxico desta rede, especialmente polo seu enfoque territorial e pola capacidade de conectar iniciativas xa existentes.
“Formar parte da rede Ultreia permítenos estar onde se están definindo as políticas de apoio ao emprendemento en Galicia, pero tamén garantir que esas oportunidades cheguen ao noso tecido empresarial”, sinala o xerente da ABE, Tomás Estévez.
A rede Ultreia nace coa vocación de construír un sistema máis coordinado, accesible e eficiente, baseado en tres eixos clave: sustentabilidade, dixitalización e innovación social. Neste contexto, a ABE reforza o seu papel como axente facilitador, ampliando o seu servizo de asesoramento a persoas emprendedoras cunha maior conexión a redes, coñecemento e oportunidades.
“Moitas veces o problema non é a falta de recursos, senón a falta de conexión entre eles. Esta rede vai permitir ordenar mellor o ecosistema, evitar duplicidades e, sobre todo, facilitar o camiño a quen decide emprender”, engade Estévez.
Entre os obxectivos da rede destacan o impulso dun emprendemento sostible e arraigado ao territorio, a mellora do acceso a financiamento e asesoramento, a promoción da innovación e da competitividade, así como a consolidación dun modelo de gobernanza colaborativa entre os distintos axentes implicados.
A participación da ABE permitirá, ademais, formar parte dun futuro comité asesor encargado de definir as liñas estratéxicas da rede, contribuíndo a trasladar as necesidades e particularidades do tecido empresarial de Boiro ao ámbito autonómico.
A adhesión á rede Ultreia implica unha vontade clara de colaboración activa entre as entidades asinantes. Neste sentido, a ABE reafirma o seu compromiso co desenvolvemento económico local, apostando por un modelo de emprendemento máis conectado, sostible e adaptado á realidade de cada territorio.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año