Resistencia, forza, salto e mobilidade: así se educan en sáude escolares de Ribeira
Estudantes do CEIP O Grupo puxeron o foco no deporte como piar dun estilo de vida saudable

Víctor Riobó, flanqueado por Álex Vidal e Nucha Brión, con alumnos do CEIP O Grupo. / Cedida
Máis de 190 estudantes de 3° a 6° de Primaria do CEIP O Grupo de Ribeira practicaron deporte este mércores dentro do proxecto Phoenix Kids by Javier Gómez Noya, que promove a actividade física e o triatlón entre os máis pequenos.
Parte do equipo, co atletla Víctor Riobó á cabeza, insistiu coa rapazada na importancia de levar un estilo de vida saudable e examinou as súas aptitudes deportivas con catro probas.
Segundo os resultados obtidos, o alumnado recibía nocións sobre os deportes cos que máis concordarían: resistencia (atletismo, marcha, natación e ciclismo); forza (lanzamento de martelo, lanzamento de disco, lanzamento de peso e halterofilia); salto (salto de altura, salto de lonxitude, salto de pértega e triplo santo) e mobilidade (boxeo, golf, basket e tennis).
O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e a súa homóloga de Educación, Nucha Brión, achegáronse para comprobar o desenvolvemento desta iniciativa que une deporte e educación.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año