Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rematan as obras de saneamento na marxe esquerda da estrada de Serres, en Muros

O investimento para mellorar as redes de fecais na actual lexislatura ronda xa os dous millóns de euros

Obras de saneamento en Serres.

Obras de saneamento en Serres. / Cedida

Muros

O Concello de Muros vén de rematar a obra de saneamento na marxe esquerda da estrada de Serres, unha actuación clave para mellorar este servizo público.

Os traballos realizados consistiron na instalación dun colector de saneamento para as augas residuais do Punto de Atención Continuada, o posto da Garda Civil, o GES e a piscina municipal, ao longo de toda a marxe esquerda da estrada AC-400, ata conectar co colector xeral no cruzamento coa AC-550.

A actuación incluíu a execución dunha nova rede de saneamento; a colocación de tubaxes de PVC e PEAC corrugado de dobre parede; separación de augas pluviais e fecais; instalación de pozos de rexistro e acometidas domiciliarias; e repavimentación de estradas e beirarrúas afectadas.

Este proxecto foi executado dentro do POS (Plan de Obras e Servizos) da Deputación da Coruña, cun investimento de 164.000 euros.

“Outro paso máis no noso obxectivo de mellorar o saeamento en Muros, levando o servizo a zonas que carecían del e mellorando a rede existente”, asegura a alcaldesa, María Lago.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, lembra que “está en proceso de adxudicación unha nova obra de saneamento en Tal, cun investimento de 142.000 euros”.

Cando chegou ao Goberno local no verán do ano 2023, María Lago fixouse entre as súas prioridades o saneamento no concello. O investimento nese eido durante a actual lexislatura ronda os dous millóns de euros e as actuacións continuarán nos próximos meses.

Tracking Pixel Contents