Coidados, mindfulness, musicoterapia e seguridade no fogar centran as Xornadas Saudables de Ribeira
Celebraranse os días 7, 14, 21 e 28 no centro cultural Lustres Rivas

Vicente Mariño e Francisca Vidal, na presentación das Xornadas Saudables. / Cedida
Catro obradoiros integran a oferta das novenas Xornadas Saudables que promove o Concello de Ribeira coa colaboración da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dirixidas a pacientes, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral.
O programa desenvolverase durante o mes de maio no centro cultural Lustres Rivas, en horario de 16.30 a 20.00 horas.
"Un ano máis, poñemos en marcha estas xornadas que buscan mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía poñendo o foco na saúde mental e nas emocións para ir máis alá do físico para levar un
estilo de vida saudable. Todo inflúe, polo que, para acadar o benestar é necesario un equilibrio entre corpo, mente e emocións. Parécenos moi interesante esta proposta, especialmente, para coidar a quen coida que, moitas veces, queda nun segundo plano para estar a carón do paciente", sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño.
Pola súa parte, a coordinadora de Servizos Sociais, Francisca Vidal, destacou o éxito deste ciclo ano tras ano e indicou que as persoas asistentes recibirán unha certificación de participación.
As xornadas comezarán no día 7 coa enfermeira da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña, Marichel Costas, quen impartirá un obradoiro sobre o coidado ao coidador.
Proseguirán o día 14 con Orlando Blanco, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade, para falar sobre estilos de vida saudable mindfulness.
O día 21 haberá un obradoiro de musicoterapia, a cargo de Damián Cairo, profesor de Música no Conservatorio Profesional da Coruña.
O ciclo finalizará o día 28 cunha xornada centrada na seguridade e coidados no fogar sobre o que falará Ana Isabel Calvo, enfermeira da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.
As inscricións poden facerse do 13 ao 30 de abril no departamento de Servizos Sociais Comunitarios, chamando ao número de teléfono 981 874 131 ou enviando un email ao enderezo electrónico
servizossociais@ribeira.gal, así como a través da páxina web municipal (www.ribeira.gal).
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”