Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A confraría de Lira mellorou equipamentos na lonxa cun investimento da Xunta de 900.000 euros

Adquiriu unha unidade de xestión de pesada e etiquetado e contedores isotermos e renovou luminarias e cámaras de conxelación

María Cancelo, esquerda, e Ángeles Vázquez, onte na confraría de Lira.

María Cancelo, esquerda, e Ángeles Vázquez, onte na confraría de Lira. / Cedida

Carnota

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse este venres con directivos da confraría de Lira (Carnota) e avaliou o impacto positivo das axudas para a modernización de equipamentos pesqueiros portuarios que, nos últimos seis anos, superaron os 900.000 euros para esta entidade.

Este esforzo inversor da Consellería do Mar permitiu ao pósito realizar importantes adquisicións, como unha unidade de xestión de pesada e etiquetado para facilitar o traballo diario de recollida de datos de polbo e outras especies; a mellora da eficiencia enerxética da lonxa; a mellora da calidade dos produtos desembarcados coa incorporación de contedores isotermos para o almacenamento; a compra doutros equipamentos; ou a renovación das luminarias e das cámaras de conxelación, entre outras actuacións.

No transcurso do encontro, tamén se puxo en valor que, para o bienio 2026-2027, a Xunta destinará na orde publicada en xaneiro máis de 10 millóns de euros. Unha dotación económica que estará cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa) e que incorpora como novidade a posibilidade de solicitar anticipos ou pagos a conta dun xeito máis sinxelo, o que permite unha execución máis áxil.

A directora xeral, que estivo acompañada de María Cancelo, directora territorial de Mar na provincia da Coruña, e de directivos do pósito, puxo en valor estes apoios, "pois amosan o compromiso do Goberno galego co sector pesqueiro artesanal, ao permitir a modernización das infraestruturas e mellorar as condicións de traballo dos profesionais do mar", dixo.

Por tanto, son investimentos, dixo, “que contribúen a incrementar a competitividade da frota, a garantir a sustentabilidade da actividade e a reforzar a seguridade nas tarefas diarias”.

Tracking Pixel Contents