Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Marta Villaverde confirma o apoio da Xunta á quinta edición da feira Gastromar, de Ribeira

A conselleira do Mar dixo que, ademais de promover os produtos pesqueiros, "é un punto de encontro de produtores, hostaleiros e consumidores"

Francisco Martínez Gude e Marta Villaverde, este venres.

Francisco Martínez Gude e Marta Villaverde, este venres. / Cedida

Ribeira

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, confirmoulle este venres ao presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, o apoio da Xunta á que será a quinta edición da feira Gastromar.

Con este anuncio, a responsable autonómica reafirmou o compromiso do Goberno galego ao impulso e promoción dos produtos pesqueiros e que teñen neste tipo de encontros "un extraordinario escaparate" para enxalzar a súa calidade.

A conselleira indicou que estas iniciativas "reforzan a cadea mar-industria e fomentan o consumo de peixe e marisco ao tempo que promoven o talento culinario de Galicia".

“Gastromar representa unha oportunidade única para achegar o mar á cidadanía e para poñer en valor o traballo dos profesionais do sector”, remarcou.

Villaverde puxo en valor o papel estratéxico do evento como punto de encontro entre produtores, hostaleiros e consumidores, contribuíndo a dinamizar a economía local e a fortalecer a identidade gastronómica da comunidade, "pois o porto de baixura de Ribeira é un dos máis importantes de Europa", dixo.

Tracking Pixel Contents