Presentado en Ribeira o cómic que rescata a historia de Margot Sponer, pioneira na historia da lingua galega
A tese de Margot é obra e da debuxante de banda deseñada Alba Ceide e do xornalista Óscar Losada

Pola esquerda, Nucha Brión, Óscar Losada e Alba Ceide. / Cedida
O centro cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu a presentación da novela gráfica A tese de Margot, de Alba Ceide e Óscar Losada, a dúas semanas de conmemorar o Día Internacional do Libro. Trátase dunha obra pertencente ao xénero biográfico que permite achegarse á vida e traxectoria dunha investigadora en lingua galega de comezos do século XX.
Nesta obra van da man o talento da debuxante de banda deseñada e do xornalista para achegar a historia da filóloga alemá Margot Sponer.
A concelleira de Educación e Promoción da Lingua, Nucha Brión, foi a encargada da dar inicio ao acto literario. "Considero que é unha lectura moi interesante e amena para o público en xeral, pero, especialmente, para os máis novos. Tamén é un exemplo de como o galego vai gañando terreo na banda deseñada, a cal vai collendo máis pulo, e de especial recoñecemento aos seus autores tratar o xénero biográfico en versión cómic", dico a edil.
Durante a súa intervención, a Brión tamén manifestou que se trata dunha obra que "demostra que a literatura tamén funciona como mecanismo educativo fundamental non só para a transmisión de información, senón tamén como unha ferramenta pedagóxica que permite crear o hábito lector e desenvolver o espírito crítico e a creatividade".
A través das páxinas deste cómic, o lector acompañará a filóloga alemá nas súas viaxes por Galicia, a onde chega en 1926, mergullándose na cultura local e coñecendo as súas xentes.
A súa tese de doutoramento fai dela unha pioneira na historia da lingua galega. Na súa estadía na nosa terra forxa tamén amizade con figuras da Xeración Nós e o libro tamén fala dos posteriores acontecementos vividos no seu país coa presenza do nazismo.
O autor e xornalista Óscar Losada reivindicou a necesidade de seguir divulgando a historia das mulleres, empregando a literatura como un mecanismo para tal fin. De aí a necesidade de escribir sobre mulleres como Sponer, quen, a xuízo do autor e xornalista, "é un exemplo do amor polo noso idioma."
Losada e Ceide disertaron sobre o proceso de concepción do cómic cunha exhaustiva investigación sobre a época na que transcorre a historia co obxectivo de que non houbese incongruencias, sobre todo, a nivel visual e, por suposto, sobre a propia filóloga alemá.
Gran parte da información foi consultada no estudo Margot Sponer: do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa.
Pola súa parte, Ceide explicou que as imaxes seguen un deseño realista e que a filóloga alemá aparece representada baseándose nas dúas únicas fotografías que se conservan dela despois de que o réxime nazi procedese a borrar toda a información posible tras o seu asasinato.
En canto á paleta de cores, a parte do cómic que transcorre en Galicia loce máis alegre, mentres que a da Alemaña resulta máis sombría.
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- Hijos de Rivera lanza Santa Clara, su nueva cerveza temporal en colaboración con Basqueland Brewing
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Cuarenta chefs con Estrella Michelin en Negreira por Art for Dent, Arzak y Casa Barqueiro
- El aeropuerto de Santiago cambia Heathrow por Gatwick, pero mantendrá su vuelo diario con Londres este invierno
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan