Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Eliminan máis de 3.000 exemplares de piñeiros e especies invasoras na contorna da duna de Corrubedo

Trinta voluntarios convocados por Afundación retiraron 1.250 plántulas e pés de piñeiro, 1.752 Conyzas e 40 exemplares de Arctotheca calendula

Dous voluntarios na xornada de eliminación de especies invasoras na contorna da duna de Corrubedo.

Dous voluntarios na xornada de eliminación de especies invasoras na contorna da duna de Corrubedo. / Cedida

Ribeira

Máis de 30 persoas voluntarias, convocadas por Afundación a través do seu portal de voluntariado Actúa, participaron este sábado nunha actividade de carácter ambiental na contorna da duna de Corrubedo (Ribeira), co obxectivo de contribuír á conservación deste espazo natural de alto valor ecolóxico.

Na actividade participaron unha trintena de voluntarios.

Na actividade participaron unha trintena de voluntarios. / Cedida

Ao cabo da xornada, a balanza reflectiu un total superior aos 45 quilos de plantas retirados, 3.000 exemplares en total, distribuídos en 1.250 plántulas e pés de piñeiro, 1.752 Conyzas e 40 exemplares de Arctotheca calendula.

O voluntariado recolleu tamén na súa acción 10 quilos de lixo mariño.

Tracking Pixel Contents