Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carmen González presenta en Aguiño a novela curta 'A Forcadiña'

O dous por cento da recadación polas vendas da obra destinarase á Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple

Carmen González, sentada á dereita, con directivos da Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

Carmen González, sentada á dereita, con directivos da Asociación Francisco Lorenzo Mariño. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A Casa do Mar de Aguiño (Ribeira) acolleu a presentación da novela curta A Forcadiña, da ribeirense Carmen González. O acto, organizado pola Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño, contou con medio cento de asistentes, entre os que se atopaban membros da Corporación municipal e do Goberno local, como as concelleiras de Cultura, Ana Barreiro, e de Educación, Juana Brión, e o tenente de alcalde, Vicente Mariño.

Asistiron tamén representantes do tecido social, como José Manuel Vilas, presidente do Xuventú Aguiño; José Antonio Santamaría, patrón maior de Aguiño; e a presidenta da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, Elvira Pisos, acompañada de membros da directiva.

O vicepresidente da entidade cultural, Unai González, presentou o acto acompañado de Xabier López Marqués, escritor, profesor e doutor en Filoloxía Hispánica e Literatura en Ensino Medio, que desgranou os aspectos literarios e de escrita da novela, analizando os personaxes, o tempo e a linguaxe.

López dixo que a obra sorprendeulle "polo ben escrita que está; a pesar de ser unha primeira novela da autora, ben podía ter sido a derradeira, pola calidade literaria da mesma".

Pola súa banda, Carmen González agradeceu á asociación a disposición para organizar o acto, e a Xabier as loubanzas e que apostara por ela dende o primeiro momento hai dous anos, cando o libro era só un boceto, e recitou un poema.

A portada do libro, coa illa de Sagres, é un deseño do seu fillo Carlos.

A novela é do xénero policiaco; fala de lugares de Aguiño e Ribeira e ambiéntase entre a actualidade e os anos oitenta. A obra aborda temas como o maltrato, o feminismo, o movemento LGTBIQ+, etc.

O 2% da recadación polas vendas deste libro destinarase á Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple.

Tracking Pixel Contents