Estas son as sete mulleres que protagonizarán o foro de creatividade e innovación Fálame sempre, en Boiro
O encontro organizado pola patronal local terá lugar o xoves 23 de abril

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, segundo pola esquerda, na pasada edición do encontro Fálame sempre. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) organiza para o vindeiro 23 de abril unha nova edición de Fálame Sempre, o seu encontro anual ao redor da creatividade e a innovación empresarial, que nesta ocasión estará centrado no emprendemento feminino.
O evento terá lugar no salón de actos da ABE ás 20.45 horas, cun aforo limitado a 100 persoas e carácter aberto ao público mediante inscrición previa.
Esta duodécima edición xorde como continuidade á recente presentación do libro Mans que teceron futuro, de Antón Rodríguez Gallardo, unha obra que pon en valor o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento económico e social de Boiro.
A través deste encontro, a ABE busca trasladar ese recoñecemento ao presente, dando visibilidade a experiencias reais de mulleres emprendedoras e reforzando o seu compromiso coa igualdade e co fortalecemento do tecido empresarial local.
O evento estará presentado por Alberto García e Natalia Carou e terá un formato dinámico baseado en intervencións breves e visuais de menos de sete minutos, estruturadas en 20 imaxes con 20 segundos de duración cada unha.
Nesta edición presentaranse cinco proxectos liderados por mulleres con traxectorias diversas: Vanesa Hermo, fundadora de Acento Homes, especializada en preparar vivendas para a súa venda ou alugueiro a través da creación de conexión emocional cos compradores; Maitane Vicente, promotora de ULA Libraría Social, un espazo cultural na Serra de Outes que combina libraría, programación sociocultural e intervención comunitaria; Nuska Chousa, creadora do proxecto Alma da Vella Chousa, centrado na divulgación da cultura e tradición rural a través das redes sociais; Ramona Pouso e Alicia Regueira, de Frutas Reyjosa, empresa familiar con máis de 50 anos de traxectoria no sector da alimentación e floraría; e Lola Castro e María Abuín, de A de Lola, negocio tradicional de proximidade con máis de seis décadas de historia.
Con esta proposta, a ABE continúa apostando por formatos innovadores que fomentan o intercambio de experiencias e a inspiración empresarial, ao tempo que promove referentes próximos que contribúan a construír un ecosistema máis diverso, inclusivo e dinámico.
- Os Biosbardos, la innovadora huerta ecológica coruñesa que surte a Inditex y prepara un 'Amazon de leira'
- Sobrevivir a flote: la historia de un okupa con permiso para vivir en un viejo barco
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- El chiringuito a 40 minutos de Santiago con un jardín secreto bajo los árboles: así es el rincón más caribeño de la ría de Arousa
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La precampaña se sienta al pulpo en la carballeira de Santa Susana el día de la Ascensión
- Casa 2M e Medio
- La Xunta dará «ayudas directas» a promotores para construir viviendas