Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CELEBRACIÓN

O Maio Vintage Market converterá Boiro nunha gran festa da primavera

O Concello de Boiro aposta pola dinamización cultural e da hostalaría

Martín López, María Outeiral, centro, e Yolanda Egido presentando o Maio Vintage.

Martín López, María Outeiral, centro, e Yolanda Egido presentando o Maio Vintage. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O Concello de Boiro organiza o 2 de maio unha nova edición do Maio Vintage Market, xunto coa colaboración da Asociación Boirense de Empresas e o grupo de voluntariado Turbina. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Martin López e Yolanda Egido, de Turbina.

Trátase da primeira gran festa da primavera que serve como dinamizador cultural e da hostalaría e que supón o inicio dos eventos ao aire libre. Trátase dunha adaptación da festa dos maios que, noutra época, significaba o cambio de estación, a chegada do bo tempo e o rexurdir da terra.

O Maio Vintage Market implica ás asociacións culturais, colectivos, hostalaría, comercio… que amosan o gran dinamismo de Boiro. Ademais, haberá artistas como Peter Punk, Jara Ortiz, Coro Cores, DJ Esteban ou DJ Toño Ferreirós. Tamén participan no Maio Vintage Market colectivos e asociacións como Ambar ou Turbina.

Varios escenarios

A programación divídese en varios escenarios e esténdese ao longo da rúa peonil con actividades para todos os públicos, que se mestura coa programación que levan a cabo directamente outros espazos e establecementos locais.

María Outeiral animou á veciñanza a participar nesta actividade "unha das festas máis atractivas que celebramos no noso concello e que se foi consolidando co paso dos anos e que conta coa colaboración de colectivos e asociacións".

As inscricións para os postos que queiran participar poden realizarse a través do enderezo electrónico ideasamoreas@gmail.com. As bases e toda a información do proceso están dispoñibles na web municipal.

TEMAS

Tracking Pixel Contents