Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Rianxo segue a ser terra de músicos co impulso da Deputación

A Escola de Música recibe este ano unha axuda de 13.500 euros

A deputada Natividade González durante a visita á Escola de Música de Rianxo.

A deputada Natividade González durante a visita á Escola de Música de Rianxo. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rianxo

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, visitou a Escola de Música de Rianxo. A entidade é unha das beneficiarias das subvencións do programa FO213/2026, cunha achega de 13.500 euros.

Natividade González destacou o "compromiso continuado da Deputación co labor desenvolvido pola entidade", que ao abeiro do programa FO213 suma un total de 82.500 euros en subvencións provinciais nos últimos catro anos.

Natividade González, terceira esquerda, na Escola Municipal de Música de Rianxo.

Natividade González, terceira esquerda, na Escola de Música de Rianxo. / Cedida

Ademais, puxo en valor o labor da asociación que sostén a escola e salientou «un traballo admirábel que dá resultado, como proba o numeroso alumnado e profesorado con que conta» e que permite que Rianxo «siga a ser terra de músicos e de músicas, algo que sen dúbida enche de orgullo esta vila».

A deputada subliñou ademais a importancia de apoiar o tecido asociativo e formativo vinculado á música "como elemento fundamental para fortalecer a actividade cultural nos concellos e garantir a continuidade dunha tradición musical fondamente arraigada no territorio".

TEMAS

Tracking Pixel Contents