Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

BOIRO

Emprego e inclusión: a Xunta e Amicos apostan pola formación dual

O secretario xeral Pablo Fernández sumouse a unha solta de laminarias no mar

A alcaldesa de Ribeira e o secretario xeral cos activistas medioambientais de Amicos.

A alcaldesa de Ribeira e o secretario xeral cos activistas medioambientais de Amicos. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, coñeceu os programas de formación dual para persoas con discapacidade intelectual impulsados pola asociación Amicos co apoio da Xunta.

No Centro de Atención Integral da entidade en Boiro, comprobou da man das propias persoas participantes os seus progresos nos eidos das operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais e das actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que incorporou neste último caso contidos arredor da recuperación de ecosistemas mariños e terrestres.

Nova convocatoria de axudas

Todo no marco do Centro Especial de Emprego Servinserta, polo que Fernández aproveitou para recordar que este venres se publica no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria autonómica de axudas para estas entidades, dotada con 27 M€ e que permitirá contribuír ao mantemento duns 6.600 postos de traballo.

Solta de laminarias no mar

Posteriormente, desprazáronse ao porto de Aguiño (Ribeira), para tomar parte nunha xornada de restauración mariña coa solta de laminarias no mar, conducida por varias persoas participantes no segundo dos programas.

O secretario xeral no laboratorio de macroalgas de Amicos.

O secretario xeral no laboratorio de macroalgas de Amicos. / X. G.

O acto contou tamén coa presenza da alcaldesa de Ribeira, María José Sampedro; da concelleira de Promoción Económica e Emprego, Carmen Pérez; e do presidente da agrupación de mariscadores da Confraría de Carreira-Aguiño, Manuel Ángel Reiriz.

O secretario xeral aproveitou para destacar a formación dual para persoas con discapacidade polo seu potencial de cara á inserción laboral, incidindo neste caso non só nun sector económico estratéxico senón tamén nunha maior conciencia social e ambiental.

Tracking Pixel Contents