CAMPAÑA
Mil euros, unha cea e tíckets de aparcadoiro para celebrar o Día da Nai no comercio de Ribeira
A iniciativa da Asociación de Empresarios busca incentivar o consumo de proximidade

Francisco Martínez e a alcaldesa de Ribeira, no centro, presentando a campaña. / Cedida
A Asociación de Empresarios de Ribeira puxo en marcha unha nova campaña con motivo do Día da Nai baixo o lema Agasalla a mamá. A iniciativa desenvolverase do 20 de abril ao 3 de maio, co obxectivo de fomentar as compras nos establecementos locais e premiar a fidelidade da clientela.
Por cada compra nos comercios participantes, os clientes poderán optar a gañar un premio de 1.000 euros para gastar nun só día no comercio local participante.
Cheques de compra e un vale de combustible
Ademais, sortearanse dous cheques de compra por Gadis, unha cea para dúas persoas no restaurante Sisal e un vale de combustible en Cepsa. Para participar no sorteo será preciso rexistrar os tickets de compra nos códigos QR da cartelería o una páxina web da asociación.
Como complemento, o sábado 2 de maio, Ribeira acollerá unha actividade especial cun tren infantil que percorrerá as rúas da localidade, ofrecendo paseos para nenos e maiores. Para acceder, será necesario conseguir vales nos comercios participantes a través das compras, ata fin de existencias.
Ademais, a patronal repartiu uns 3.000 tickets de aparcadoiro aos comercios participantes para entregar coas compras da campaña.
Poñer en valor o comercio local
O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, asegura que "esta campaña pretende incentivar o consumo de proximidade e poñer en valor o comercio local nunha data tan sinalada como o Día da Nai".
A iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través de Comercio Galego.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Vecinos de San Pedro de Mezonzo plantean contratar seguridad privada ante un piso de prostitución en el edificio
- Nuevo barrio del Ensanche Norte de Santiago: ¿Por qué se hace en Mallou? ¿En qué fase está? ¿Quién valora los terrenos?
- Aviso amarillo por tormentas este jueves en Galicia: la AEMET alerta de granizadas y rachas de viento muy fuertes
- Muere Elisa Caridad Sucasas, propietaria de una emblemática zapatería del centro de Santiago
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Xandre Muíño, el joven que contagia en redes su amor por Carballo: 'Quero que a xente valore o que temos aquí