Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Ribeira abre as páxinas de Otero Pedrayo nunha emotiva lectura colectiva das súas obras

A iniciativa da Asociación de Amas de Casa xuntou preto de corenta persoas

Lectura colectiva de obras de Otero Pedrayo en Ribeira.

Lectura colectiva de obras de Otero Pedrayo en Ribeira. / Cedida

Ribeira

Preto de corenta persoas do Club de Lectura da Asociación Amas de Casa de Ribeira participaron nunha lectura compartida sobre a obra en prosa de Ramón Otero Pedrayo, con motivo da conmemoración do 50º aniversario do seu pasamento.

A técnica municipal do Servizo de Normalización Lingüística, Alicia Padín, abriu o acto, no que os asistentes leron fragmentos das novelas Os camiños da vida e Arredor de sí, con guión elaborado por Ángeles González, integrante do club de lectura.

A alcaldesa, no centro, loou a iniciativa da Asociación de Amas de Casa.

A alcaldesa, no centro, loou a iniciativa da Asociación de Amas de Casa. / Cedida

Ao acto sumáronse a alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño; e a edil de Educación, Nucha Brión. A rexedora puxo en valor este tipo de iniciativas que contribúen a preservar o legado de escritores e coñecer máis a fondo a súa produción literaria.

"Trátase dunha acción máis das múltiples que pon en marcha a Asociación Amas de Casa, desta vez, coa lectura como punto de encontro e de difusión de coñecemento. A elección do escritor é moi acaída, pois neste 2026 celebramos o Ano Oteriano e puidemos mergullarnos nas palabras de dúas célebres novelas súas ao tempo que dinamizamos o uso da lingua galega", subliñou María Sampedro.

Tracking Pixel Contents