OBRAS
Ribeira adxudica a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas
O proxecto inclúe a mellora da accesibidade á praia de Coroso

O obxectivo é remodelar a fachada litoral e o paseo das Carolinas. / Cedida
O Concello de Ribeira avanza no seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino coa adxudicación da remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso.
A finalidade desta intervención é articular a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais, incrementar a permeabilidade cara o mar, así como acadar unha maior e mellor integración ambiental e paisaxística.
Zona deportiva
Construirase unha rampla accesible para a praia, crearase unha nova zona deportiva (formada por unha pista e unha área de calistenia), substituiranse as varandas actuais por bancos continuos de pedra que permitan unha maior integración co entorno e a formación de novas zonas verdes.
O orzamento de licitación situouse en 170.190,90 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation.
A empresa Transmaser Excavaciones, S.L. resultou a adxudicataria das cinco que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un importe de 155.791,90 euros, con impostos. O prazo de execución das obras será de mes e medio unha vez formalizado o contrato.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson