A Liña Verde fai que un 75% das incidencias comunicadas en Boiro se solucionen con inmediatez
O trinta por cento están relacionadas co alumeado público

Unha das zonas nas que se renovou o tendido eléctrico do rural para solventar as incidencias rexistradas polos veciños a través da Liña Verde. / Cedida
O Concello de Boiro mellora a resposta á solución de incidencias mediante a plataforma de xestión Liña Verde. A posta en marcha deste servizo centralizado permite dar solución de xeito inmediato a máis do 75% das comunicacións rexistradas.
As incidencias comunicadas correspóndense maioritariamente a alumeado público (30%), seguido de medio urbano (15%), auga e saneamento (13%), limpeza viaria e recollida de lixo (11%) e medio rural (10%). Dende a implantación do sistema deuse solución a un total de 9.161 incidencias.
Para poder empregar este servizo é necesario descargar a aplicación móbil gratuíta Liña Verde e seleccionar o municipio sobre o que se quere comunicar a incidencia, neste caso, o de Boiro. Para comunicar unha incidencia chega con pinchar sobre o botón Nova incidencia e categorizala segundo o tipo de servizo do que se trate, subir unha foto da mesma e poñer unha descrición do problema.
«Grazas á implicación da veciñanza no emprego desta ferramenta é posible coñecer con facilidade as incidencias que se detectan e dar unha resposta máis áxil e rápida», sinalan dende o Goberno local.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”