Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O oncólogo Luis Ángel León Mateos recibe o recoñecemento da asociación contra o cancro de Ribeira

O adestrador de taekwondo Juan Luis Martínez e o colectivo Barbantia foron premiados tamén pola promoción da lingua e a cultura galega

En primeira fila, entre outras autoridades, Luis León, esquerda, Gómez Caamaño, no centro, e Juan Luis Martínez, segundo pola dereita.

En primeira fila, entre outras autoridades, Luis León, esquerda, Gómez Caamaño, no centro, e Juan Luis Martínez, segundo pola dereita. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor o labor da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira no acompañamento aos pacientes que sofren un proceso oncolóxico e no apoio ás súas familias.

O titular de Sanidade participou na cea solidaria organizada pola entidade en Boiro, sumándose así ao recoñecemento que a Asociación Española contra o Cancro de Ribeira lle quixo facer ao adestrador nacional de taekwondo Juan Luis Martínez Queiruga, ao oncólogo Luis Ángel León Mateos e á Asociación Cultural Barbantia, polo seu labor de promoción da lingua e a cultura galega.

Do oncólogo Luis Ángel León Mateos, Caamaño resaltou a “súa extraordinaria profesionalidade” como oncólogo e investigador, a súa empatía cos pacientes e a súa implicación co sistema sanitario público.

Tracking Pixel Contents