Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

NÁUTICA

O Club Náutico de Portosín ampliará os pantaláns para crear novas prazas de atraque

Planea agrandar o travellift e instalar unha mariña seca

O presidente de Portos, segundo esquerda, con directivos do Náutico de Portosín.

O presidente de Portos, segundo esquerda, con directivos do Náutico de Portosín. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Porto do Son

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha reunión coa nova directiva do Real Club Náutico de Portosín, que preside José Codesido, para afondar en diferentes propostas de mellora das instalacións da entidade deportiva.

A nova directiva do club, recentemente nomeada para o periodo 2026-2030, mostrou o seu propósito de ampliar os pantaláns 1 e 3 para dar cabida a novas prazas de atraque, así como renovar o pilotaxe das instalacións flotantes actuais. Así mesmo informaron de que están a traballar nun proxecto para agrandar o travellift.

Pola súa parte, o presidente de Portos ratificou que o ente público tramitará os permisos necesarios para facilitar a execución destas melloras por parte da entidade. Finalmente, ambas partes abordaron tamén posibles espazos para a instalación dunha mariña seca.

Tracking Pixel Contents