Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

COLABORACIÓN

Boiro reforza a inclusión laboral e a accesibilidade da man da Fundación ONCE

O alcalde asinou en Madrid un convenio con Inserta Empleo

O alcalde de Boiro, no centro, na xuntanza celebrada na Fundación ONCE en Madrid.

O alcalde de Boiro, no centro, na xuntanza celebrada na Fundación ONCE en Madrid. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, participaron na constitución da comisión de seguimento do convenio entre o Concello de Boiro e Inserta Empleo.

Na xornada, que tivo lugar nas instalacións da Fundación ONCE en Madrid, analizáronse as principais liñas de traballo que marca o convenio, como son accións en materia de inclusión laboral e formativa co obxectivo de impulsar as oportunidades reais de inclusión; asi como medidas de deseño de espazos e servizos con accesibilidade universal.

Innovación

Ademais, os representantes municipais realizaron unha visita polas instalacións de Talento Digital, un programa de formación permanente en competencias dixitais e profesións tecnolóxicas; así como pola sala de innovación EspacIA, un espazo dedicado á innovación e á accesibilidade para o deseño de productos e servizos que teñan en conta as necesidades de todas as persoas.

Tracking Pixel Contents