CULTURA
O Bruón Folk Fest fará bruar Artes con dous días de música, baile e tradición
Celebrarase o 8 e 9 de maio a carón do centro recreativo da parroquia ribeirense

A alcaldesa, no centro, na presentación Bruón Folk Fest 2026. / Cedida
Artes (Ribeira) converterase en epicentro do folclore galego co Bruón Folk Fest, que se celebrará do 8 ao 9 de maio, a carón do centro recreativo da parroquia.
Este evento xurdiu das foliadas ata evolucionar ao formato no que se desenvolve actualmente, e toma o nome da lenda do boi sobre o lendario pobo asolagado baixo a lagoa de Carregal, entre Artes e Olveira, no que sobreviviu un boi que é, en realidade, un mouro encantado, ao que aínda se pode escoitar bruar pola contorna.
Mesa redonda
A programación da terceira edición concentrarase en dúas xornadas. Arrancará no venres, 8 de maio, ás 20.00 horas, para dar paso a unha mesa redonda con Nel Vidal, Mateo Vázquez e Alicia Padín, ás 20.30 horas, sobre o eco das crónicas e do bronce, letras e sons que transmiten e comunican coa súa propia linguaxe.

Cartel promocional do Bruón Folk Fest 2026, de Artes. / Cedida
A noite estará amenizada por Liantes e amigos, e, como broche de ouro a este primeiro día, o rito da queimada fundirase coa enerxía do grupo ourensán Five Pipers. Nesta xornada tamén se estreará a feira; un escaparate de pezas de coiro, madeira e ilustración galega.
Parladoiro con Mondra
O groso das actividades terá lugar no sábado, 9 de maio, ao longo de todo o día. Para o público infantil e familiar proxéctase o Bruonciño, ás 11.00 horas, cun espazo dedicado en exclusiva aos máis pequenos; parladoiro con Mondra, ás 12.30 horas; os espectáculos de Ce Pantasma, ás 13.30 e 18.30 horas; a actuación de Pakolas, ás 16.00 horas; e un taller pedagóxico con Paula Pérez, ás 17.00 horas, onde se unen creatividade e inclusión para aprender a través do xogo.
Tampouco faltarán as demostracións de forxa e cerámica, ás 12.00 horas, así como a sesión vermú con Requinta de Lampai, ás 14.30 horas, un momento social con gastronomía e música para gozar do mediodía.
E, xa pola tarde, terá lugar o Ti si que Bruas, ás 17.10 horas, para o cal o escenario abre as súas portas ao talento espontáneo da xente; e o obradoiro de baile con Luis Prego, ás 19.30 horas, dirixido a todos os niveis e onde xa se irán preparando os pés para o baile que virá cos concertos da noite.
Himmno Bruón
Faltriqueira, Ardentía e Ramalleira farán vibrar o festival coa súa música ás 21.00, 22.30 e 00.00 horas, respectivamente, para despedir a terceira edición coas voces soando ao unísono interpretando o Himno Bruón, ás 01.30 horas.
"O Bruón Folk Fest pon o foco na música e baile tradicional galego, descentralizando a actividade do centro neurálxico do municipio para levalo tamén ás parroquias", afirmou a alcaldesa, María Sampedro. Artes, engadiu, "volverá facer honor ao seu nome ao longo de dúas xornadas onde o noso folclore será o gran protagonista".
Tamén tomou a palabra o secretario da Asociación Cultural Os Liantes, Ventura Otero, para debullar o contido do cartel, xunto ao presidente da entidade, Pablo Silva, e a vogal, María Cortés.
- Treinta camiones al día, 63.500 t de residuos y 50.947 m3 de aguas industriales: los peros a la planta de biogás de A Laracha, en cifras
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Hablan los okupas de Bertamiráns: 'Solo pedimos una oportunidad
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga
- Los 6 clubs de lectura que llenan las librerías de Santiago: del casco histórico a O Castiñeiriño
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- La fiebre por las tartas de queso aterriza en Galicia con un gran festival cerca de Santiago