SANIDADE
O Hospital da Barbanza evita a máis de 300 pacientes viaxes a Santiago para recoller medicación
O centro incorporou un novo profesional de farmacia

Integrantes do Servizo de Farmacia do Hospital da Barbanza. / X. G.
O Hospital da Barbanza, situado en Ribeira, dá un paso máis na mellora da atención coa incorporación dun novo profesional de farmacia que permite potenciar a dispensación hospitalaria de medicamentos evitando que os pacientes do distrito teñan que desprazarse máis de 60 quilómetros ata os hospitais de referencia en Santiago.
Os medicamentos de dispensación hospitalaria son tratamentos que, pola súa complexidade ou risco potencial, requiren control médico e farmacéutico hospitalario, polo tanto, a súa dispensación realizáse exclusivamente nos servizos de farmacia dos hospitais.
Diversas melloras no Servizo de Farmacia da área sanitaria, así como o incremento na dotación de profesionais neste servizo permitiron ao hospital comarcal avanzar na atención farmacéutica hospitalaria no seu eido.
Accesibilidade e humanización
Máis de 300 pacientes barbanzáns benefícianse xa directamente deste servizo no propio hospital de Ribeira. "Trátase dun avance clave en accesibilidade e humanización xa que o centro asume a atención farmacéutica de enfermidades autoinmunes como a de Crohn, patoloxías neurolóxicas como a esclerose múltiple, enfermidades infecciosas como os antirretrovirais ou doenzas raras como a fibrose quística", subliñan dende a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.
Achegar a dispensación hospitalaria ao centro sanitario situado en Ribeira, engaden, "mellora de forma directa a calidade de vida dos pacientes ao evitar desprazamentos longos, reduce custos ao tempo que garante manter o seguimento farmacéutico especializado e máis próximo".
Aforro e menor impacto ambiental
Esta ampliación na carteira de servizos do hospital barbanzá non só busca a comodidade senón que reforza a seguridade clínica. Entre as súas principais vantaxes destaca a maior accesibilidade para pacientes crónicos ou con mobilidade reducida, así como o aforro económico e o menor impacto ambiental ao diminuír os traxectos por estrada.
"O seguimento farmacoterapéutico máis próximo asegura que o paciente mellore a adherencia ao tratamento mentres se optimizan os recursos", destacan.
Sanidade centrada nas persoas
Esta medida, engaden, "representa un paso decisivo cara a unha sanidade máis próxima, eficiente e centrada nas persoas. Coa incorporación do novo profesional o Hospital da Barbanza consolídase como un centro clave para achegar a atención farmacéutica avanzada á contorna local".
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Los vecinos de los okupas de Bertamiráns temen un efecto llamada: 'Estamos desesperados. No los queremos aquí
- Investigan la aparición de un cadáver en una acera de Boiro
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La ganadería de Trazo entre las diez de España con vacas más productivas: 'Cuidamos su descanso, el ordeño e intentamos tener la granja impoluta
- Problemas para el tráfico en Santiago: el túnel del Hórreo estará cerrado la próxima semana por la noche