«Prevemos acoller preto de 200 cabalos en Noia para celebrar o San Marcos»
Esta edición das festas busca xerar interese a través dunha mellora da feira cabalar, recuperando a ruta desde San Lázaro ata a Capela de San Marcos e o curro de equinos salvaxes
O Concello de Noia dá hoxe comezo a unha das súas etapas máis especiais do ano coas Festas de San Marcos, que se prolongarán ata o domingo. Estas, segundo o tenente de alcalde e concelleiro de Festexos, Manuel Seijas, son «unha das celebracións máis tradicionais da vila e con elas dá comezo a tempada de festas en Noia». O edil salientou que esta edición ten un significado especial, pois recupera aspectos que se perderon co curso dos anos: «Tratamos de impulsar especialmente a feira cabalar. Desta maneira, conseguimos darlle un novo pulo á ruta cabalar e ao curro de cabalos salvaxes».
Estas novidades evidencian a gran importancia que teñen os cuadrúpedes na historia do San Marcos: «Os cabalos son fundamentais. Para esta edición prevemos acoller preto de 200 exemplares». O edil explica que as festas estaban perdendo afluencia pouco a pouco, polo que decidiron colaborar con entidades como a Asociación Cabalar da Serra do Barbanza e a Federación Galega de Hípica «para lograr encher as rúas de visitantes e participantes».

Festas de San Marcos en Noia 2026
Festas de San Marcos en Noia 2026Seijas subliña que estas datas teñen un significado especial para os noieses e ata para veciños de fóra dos seus límites: «Practicamente todo o mundo vencellado ao campo que vive en Noia ou en concellos da contorna ten o San Marcos como unha cita de asistencia obrigada».
A idea é «recuperar a historia de Noia dun xeito festivo», polo que, ademais das diferentes novidades impulsadas no ámbito cabalar, como o tan agardado percorrido de San Lázaro ata a capela de San Marcos e volta, tamén fan unha aposta por mellorar a feira agrícola, outro dos piares do San Marcos. «Queremos que sexa ampla e que volva ser a mostra que foi durante tantos anos», indica o concelleiro.
Cabe destacar que, de cara ao futuro, agardan poder levar a cabo a exposición de animais vivos, unha proposta popularizada anos atrás pero que tamén se perdeu co tempo e que os comerciantes podían aproveitar para mercar ovellas, galiñas, vacas e outros animais.
Seijas pon de manifesto a implicación do Concello por ofrecer unha programación de San Marcos digna para a diversión de todos os públicos: «Desexamosque as familias asistan ao campo da festa, paren a comer o polbo, vexan os cabalos, gocen da música e das actividades. É unha programación para avós, pais, fillos e netos».
O edil aspira a que este San Marcos axude economicamente ao tecido empresarial local: «Buscamos que se dinamice a nosa hostalería e o noso comercio». E, por suposto, desexa que calquera festeiro que pase por Noia esta fin de semana «quede con ganas de volver». n
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Santiago y sus rincones secretos: ya puedes inscribirte en las visitas de la Semana del Patrimonio Invisible
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Galicia se enfrenta a una nueva jornada de calor extremo: la Xunta mantiene la alerta roja por temperaturas de 40 grados
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro