Expertos e profesionais debaterán en Ribeira sobre a remuda xeracional na pesca galega
Unha xornada técnica na Escola Oficial Náutico-Pesqueira analizará como atraer mocidade ao sector mediante a FP Dual e experiencias de éxito

Embarcacións pesqueiras amarradas a porto en Ribeira. / Suso Souto
O sector pesqueiro galego dá un paso adiante ante un dos seus maiores desafíos: a falta de remuda xeracional. O vindeiro xoves 7 de maio, ás 17.00 horas, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira acollerá unha xornada técnica que busca activar solucións reais para garantir o futuro do mar.
A cita, enmarcada no proxecto de cooperación Remuda xeracional: o futuro do mar, reunirá representantes da administración, de organizacións pesqueiras, de centros educativos e profesionais do sector. O encontro pretende ir máis alá do diagnóstico e centrarse en propostas concretas.
Impulsado polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) de Galicia, en colaboración co Galp do País Vasco e financiado pola Consellería do Mar e o Fempa, o proxecto nace cun obxectivo claro: ofrecer ferramentas para asegurar a continuidade dun sector estratéxico para Galicia.
A xornada porá o foco na necesidade de atraer mocidade ao sector e en como facelo de maneira efectiva. Entre as claves do foro destacan: o impulso da Formación Profesional Dual como vía real de acceso ao emprego no mar; a análise de experiencias de éxito en Galicia, no resto do Estado e en Europa; e a presentación de casos reais de empresas e profesionais que xa están protagonizando a remuda xeracional.
O encontro contará ademais coa participación de expertos dos ámbitos institucional e pesqueiro, así como de responsables de centros de formación marítimo-pesqueira e entidades de referencia.
Historias reais
O programa inclúe a proxección de pezas audiovisuais do proxecto, que recollen testemuñas directas e experiencias reais vinculadas á remuda xeracional, contribuíndo a visibilizar oportunidades e romper estereotipos sobre o traballo no mar.
Máis alá do contido técnico, a xornada está concibida como un espazo para conectar perfís, xerar oportunidades e construír rede, implicando profesionais, alumnado e cidadanía no futuro do sector.
A xornada será inaugurada pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, e pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro. A continuación terá lugar a primeira mesa de debate, coa participación de Miguel Ángel Iglesias Romero (presidente do Galp Ría de Arousa); José Antonio Pérez Sieira (presidente da Federación Galega de Confrarías); María Eugenia Pérez Fernández (directora xeral de Formación Profesional); e Ángeles Vázquez Suárez (directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro).
Ás 17.30 horas comezará a mesa de debate sobre a FP Dual no sector pesqueiro, da man de Mª Eugenia Pérez Fernández e Ángeles Vázquez Suárez.
Ás 18.00 horas analizaranse experiencias de remuda xeracional, da man de Manuel Pablos López, subdirector xeral de Sostenibilidad Económica y Asuntos Sociales; e Rosa Carballo Martínez, xerente do Galp Ría de Arousa.
Ás 18.20 horas intervirán Sonia Guerra Seren, para falar da experiencia da FP Dual en Cataluña; Juan Cambeiro Caamaño, director da Escola Oficial Naútico-Pesqueira de Ribeira; Consuelo Romar Castiñeira, do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico; Ventura Villar Estalote, director do Igafa; e representantes da Escola Oficial Naútico-Pesqueira de Ferrol e do CIFP Universidad Laboral.
Ás 19.00 horas coñeceranse exemplos de boas prácticas na FP Dual; en concreto, a experiencia do porto de Celeiro, da man de Manuel Bermúdez Díez, e unha experiencia do País Vasco (a cargo de Ekaitz Urtiaga Martinez, de Itsas Garapen Elkartea).
Ás 19.20 horas intervirán Basilio Otero Rodríguez, presidente da Federación Nacional de Confrarías; María José Casais Boo, da Cooperativa de Armadores de Ribeira; Manuel Suárez Blanco, xerente de Acerga; María Jesús González González, presidenta da Federación Galega de Redeiras O Peirao; e un representante de Opmega.
Tras a proxección das pezas audiovisuais, o foro rematará cunha degustación de produtos do mar.
- La panadería con una de las empanadas más famosas de Santiago: 'Uso a mesma masa coa que fago o pan
- Extraordinarios en las aulas de Santiago: «La clave es tener un buen método de estudio y no encerrarse demasiadas horas»
- Renfe estrena este miércoles el primer AVE directo Santiago-Madrid sin parada en Castilla y León
- La instalación de dos nuevas pasarelas en la senda Milladoiro-Intermodal obligará a cortar este martes el enlace de la AG-56 con la SC-20 y la AP-9
- Santiago moviliza a 500 jóvenes para animar al papa León XIV a que peregrine a Compostela en el Año Santo 2027
- Tona Martínez, consejera de Finsa, primera mujer al frente de la empresa familiar gallega
- De la inseguridad de Perú a una nueva vida en Santiago: la regularización abre las puertas a un futuro estable para esta familia
- La desesperación por encontrar electricistas en Galicia: 'Ni con sueldos de 2.000 euros y buenos horarios conseguimos personal cualificado