Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Noia dota de redes de saneamento e abastecemento de auga o núcleo da Albariza

É a primeira obra executada con medios propios municipais nos últimos dez anos, segundo o tenente de alcalde, Manuel Seijas

Pavimentación realizada no núcleo da Albariza.

Pavimentación realizada no núcleo da Albariza. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Noia

O Concello de Noia vén de dar por rematadas as obras de instalación dunha rede de saneamento separativa, pavimentación e dotación de subministración de auga potable no núcleo da Albariza, unha actuación que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses.

O concelleiro de Obras, Manolo Seijas, destacou a relevancia desta intervención, subliñando que se trata da primeira obra executada con medios propios municipais nos últimos dez anos. Neste sentido, explicou que esta fórmula permitiu un aforro aproximado de 30.000 euros para as arcas municipais.

Seijas quixo tamén amosar o seu agradecemento a todo o persoal implicado na execución dos traballos, recoñecendo o seu esforzo e compromiso para levar a cabo a actuación en tempo e forma.

Así mesmo, o edil lembrou que “a ampliación da rede de saneamento separativa é un compromiso que adquirimos ca veciñanza. O reto é continuar desenvolvendoa a pesar da difícil situación económica que herdamos”.

“Ningunha parroquia é pequena cando se fala dos servizos básicos”, engadiu o tenente de alcalde.

Tracking Pixel Contents